2011/10/5 Anton Meixome <[email protected]>: > 2011/9/29 David Vázquez <[email protected]>: >> Ola a todos, >> acabo de rexistrarme nesta lista. Estiven mirando e nalgunha mensaxe >> comentades que se poden facer suxerencias de novas features aquí mesmo así >> que aí vou. >> A miña suxerencia é que se inclúa unha opción de "Current page" ou "Páxina >> actual" na ventá de impresión. >> Actualmente só existen as opcións de "Todas as páxinas", un intervalo de >> páxinas ou "Selección" cando tes seleccionado algún texto. >> Eu creo que sería útil incluír unha opción de "Páxina actual" porque é algo >> que se fai moi a miúdo. >> Tal e como está agora, poderíase imprimir a páxina actual escribindo o >> número desa páxina na sección de rango pero creo que é pouco práctico. >> >> Un saúdo. >> > > A min paréceme ben aínda que o cadro onde aparece xa está bastante > sobrecargado. > Máis opinións. Se non vedes contraindicacións maiores pasarei a > comentala como suxestión nas listas de desenvolvemento. > > Un saúdo, > > Antón
Pode ser útil. Se ese cadro está sobrecargado coméntallo tamén aos desenvolvedores, que seguro que atopan un xeito de non mostrar directamente todas as opcións dispoñíbeis. Deica -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
