En 23/03/2012 19:03, Anton Meixome escribiu:
De cando en vez un pouco de euforia non ven mal.

Os vindeiros días 19, 26 e 28 terá lugar en Santiago o IV Fiadeiro de
Localización. Entre outras cousas previstas vaise traducir un pouco da
Axuda en liña de LibO. En principio debería ser parte do wiki da
Axuda. Veremos porque detectei que aínda non se pode traballar aí.

http://help.libreoffice.org/Main_Page

Se non pode ser esa parte, seguramente cambiaremos por algo da Axuda
que estea en Pootle (moi necesitada) ou tamén do wiki xeral de
LibreOffice.


Por outra parte, comunícovos que algúns alumnos do Mestrado de
Tradución Audiovisual están traballando en colaboración con Trasno
para traducir o Manual do Writer.


Detectei un fallo na localización. Cando se instalan extensións
aparecen os botóns como

         \«Aceptar\» \«Eliminar\»

Nas cadeas de Pootle aparecen así

          \\«Acepta\\» \\«Eliminar\\» ... por exemplo

          Prema en \\«Aceptar\\» para activar a extensión.\n

Creo que o carácter de escape non é necesario, ou polo menos o dobre
escape paréceme absurdo ao utilizar as comas latinas, incluso creo que
non é necesario para introducir variábeis precedidas de coma simple.
Os outros idiomas, agás o castelań mantéñen eses caracteres, así que
tamén lles debería dar ese erro pero non vexo que ninguén o comente.
Voume arriscar a quitar. Déixoo así

           Prema en «Aceptar» para activar a extensión.\n

e con variábeis, en casos como

           You are about to install version $NEW of the extension \\'$NAME\\'.\n

           Vai instalar a versión $NEW da extensión $NAME.\n

Se alguén sabe que isto poida dar problemas por favor que o comunique.
Eu penso que estás no correcto, pero é unha suposición.
Dame a impresión que pasa como en python que a primeira barra "escapa" a segunda por iso logo aparece no tecto do botón.
Xa nos contarás que tal foi.


Apertas,

Antón





--
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a