2012/3/27 Cristina Uceda Camba <[email protected]>: > Vale, solucionado!
Cristina, Non me queda claro. Xa podes editar, descargar en Pootle? queres que che mande eu ficheiro? > > De todos modos gustaríame saber se ademáis de poder traducir os documentos > cunha memoria de tradución se pode facer como estaba facendo a semana > pasada a través da web. Quero saber máis ou menos que diferencia habería no > caso de que non tivera o meu PC pero puidera facelo online. Eu creo que diferenzas son as obvias. Cunha ferramenta TAC traballas seguramente máis cómoda e rápido e con apoio da MT e das terminoloxías. Coa edición on-line o único "apoio" é a túa memoria-experiencia, o contraste co propio programa e o que fan outros idiomas (é útil seguirlle a pista ao fr e ao pt-br, nada máis. En casos moi especiais o italiano e o catalán) Por certo, que falas de memoria de tradución. Onte publiquei a memoria de tradución en formato TMX no blog. Debería serche de axuda sobre todo en cuestións de estilo e terminoloxía. Estou traballando nun TBX pero aínda me levará días. http://blog.openoffice.gl/coordinacion/article/memoria-de-traducion-da-version-3 Recoméndoche que teñas unha versión 3.5 instalada, por se acaso. > > Graciñas de novo! :D > > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar > -- Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
