Esta mensaxe estaba pendente. Respecto da creación de documentación no proxecto LibO.
A versión do Manual oficial de Writer 3.3 foi traducida polos alumnos do Máster Multimedia da Uvigo, mediante o convenio vixente entre Trasno e a Universidade. Comezouse a finais do ano pasado. http://wiki.documentfoundation.org/Documentation/Publications Por parte de Trasno, contouse con Miguel Bouzada e comigo mesmo para o seguimento do convenio. Pola miña parte, tamén como coordinador de Libo, revisei a versión previa da maior parte dos capítulos en contacto coa coordinadora dos alumnos. Aplicáronse as correccións e escollas de terminoloxía e convencións de estilo adecuadas e finalizouse o traballo a mediados do mes de agosto. En resumo. Temos por fin case dispoñible o primeiro Manual oficial de Writer de LibO (son máis de 400 páxinas). Digo case porque o traballo de tradución só se fixo sobre o texto, pero falta por actualizar e localización toda a parte da ilustración e capturas. Publicarase para o acceso libre tanto no wiki galego de LibO como na páxina do equipo no web oficial. gl.libreoffice.org nunha sección Documentación que aínda está pendente. Finalmente, Está previsto que Trasno faga unha tirada de exemplares en papel para poder distribuír nas actividades que realiza. Dependemos do financiamento. A idea é que poida estar dispoñible para a xornada de localización na Uvigo, a finais do mes que vén. Esa tirada necesitará unhas cubertas específicas para distinguila, xa que o promotor da edición será Trasno. Veremos se é factible ter unha edición de copias impresas para vender, co que se recuperaría algo do financiamento de Trasno e poderiamos conseguir algo para LibO. A versión 3.4 ten unhas cubertas específicas, xeitosas pero a versión 3.3, non. http://www.odfauthors.org/libreoffice/english/writer-guide/published-lo-3.4/wg3.4-front-cover/view http://www.odfauthors.org/libreoffice/english/writer-guide/published-lo-3.4/wg3.4-back-cover/at_download/file Falta por facer: - As capturas de pantalla, que son unhas 400 (Leandro, Antón) - As páxinas correspondentes de Sección Documentación no wiki (Antón, ?) - A sección Documentación no web de LibO (Antón) - A xestión institucional coa xente do Máster (Antón) - A xestión da impresión (Miguel) Seguro que hai máis cousas... pero é unha boa noticia para o proxecto galego de LibO ter isto ás portas. Saúdos, Antón 2012/9/18 Leandro Regueiro <[email protected]> > Ola, > por se non o sabedes hai pouco rematouse a tradución do manual de > Libreoffice Writer. Agora mesmo estamos (estou) recollendo as imaxes e > capturas de pantalla localizadas para incluír na versión definitiva. > > Deica > > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en > http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán > borrar > -- Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination Galician community LibO & AOO -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
