2012/9/18 Anton Meixome <[email protected]>: > 2012/9/18 Leandro Regueiro <[email protected]> >> >> Ola, >> por se non o sabedes hai pouco rematouse a tradución do manual de >> Libreoffice Writer. Agora mesmo estamos (estou) recollendo as imaxes e >> capturas de pantalla localizadas para incluír na versión definitiva. >> >> Deica > > Esta mensaxe estaba pendente. > > Respecto da creación de documentación no proxecto LibO. > > A versión do Manual oficial de Writer 3.3 foi traducida polos alumnos do > Máster Multimedia da Uvigo, mediante o convenio vixente entre Trasno e a > Universidade. Comezouse a finais do ano pasado. > > http://wiki.documentfoundation.org/Documentation/Publications > > Por parte de Trasno, contouse con Miguel Bouzada e comigo mesmo para o > seguimento do convenio. Pola miña parte, tamén como coordinador de Libo, > revisei a versión previa da maior parte dos capítulos en contacto coa > coordinadora dos alumnos. Aplicáronse as correccións e escollas de > terminoloxía e convencións de estilo adecuadas e finalizouse o traballo a > mediados do mes de agosto. > > En resumo. > Temos por fin case dispoñible o primeiro Manual oficial de Writer de LibO > (son máis de 400 páxinas). > > Digo case porque o traballo de tradución só se fixo sobre o texto, pero > falta por actualizar e localización toda a parte da ilustración e capturas. > > Publicarase para o acceso libre tanto no wiki galego de LibO como na páxina > do equipo no web oficial. gl.libreoffice.org nunha sección Documentación que > aínda está pendente. > > Finalmente, > > Está previsto que Trasno faga unha tirada de exemplares en papel para poder > distribuír nas actividades que realiza. Dependemos do financiamento. A idea > é que poida estar dispoñible para a xornada de localización na Uvigo, a > finais do mes que vén. > > Esa tirada necesitará unhas cubertas específicas para distinguila, xa que o > promotor da edición será Trasno. > > Veremos se é factible ter unha edición de copias impresas para vender, co > que se recuperaría algo do financiamento de Trasno e poderiamos conseguir > algo para LibO. > > A versión 3.4 ten unhas cubertas específicas, xeitosas pero a versión 3.3, > non. > > http://www.odfauthors.org/libreoffice/english/writer-guide/published-lo-3.4/wg3.4-front-cover/view > > http://www.odfauthors.org/libreoffice/english/writer-guide/published-lo-3.4/wg3.4-back-cover/at_download/file > > Falta por facer: > > - As capturas de pantalla, que son unhas 400 (Leandro, Antón)
Perdón pola corrección, pero son máis ben 470, e non só son capturas, xa que algunhas imaxes precisan modificacións adicionais: incluír textos en galego, frechas, números, recurtalas, etc. > - As páxinas correspondentes de Sección Documentación no wiki (Antón, ?) > - A sección Documentación no web de LibO (Antón) > > - A xestión institucional coa xente do Máster (Antón) > - A xestión da impresión (Miguel) > > Seguro que hai máis cousas... pero é unha boa noticia para o proxecto galego > de LibO ter isto ás portas. > > > Saúdos, > > Antón Deica -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
