Boas:
Vaia fallo do pootle, ou da administración do mesmo.
Iso que comentas non debería poder pasar.
En 25/02/2013 14:50, Anton Meixome escribiu:
Agradecería que o tradutor, inscrito no Pootle de tradución co nome de
usuario "roirosal" se identificase aquí na lista e comentase cales son as
modificacións na tradución que está a realizar, xa que non poden ser novas
traducións porque estaba ao 100%.

Non dubido da boa intención pero este é un proxecto de tradución coordinado
por min e sometido por tanto a un control de transparencia sobre o que se
fai nel. Para colaborar en calquera comunidade hai regras, comezando polas
boas maneiras como presentarse.

Dado que Pootle non me permite comprobar que cadeas se modificaron, non
tería máis remedio que bloquear a este tradutor, cousa que prefiro non ter
que facer. Como medida de precaución estou tomando xa algunhas medidas de
protección.





--
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a