Mañá, segundo o calendario previsto, sae  a versión 4.2.

Fixen a tradución da nota de prensa oficial
http://blog.openoffice.gl/libo-libreoffice/article/the-document-foundation-anuncia-458?var_mode=calcul

Para que se difunda a partir de mañá. Convén facer "ruído" moderado.

Respecto da tradución, está ao 100% da interface. Sen ser nada
espectacular haberá un número considerable de melloras, correccións e
fixacións. O máis salientable é que houbo que reescribir gran parte
dos menús e opcións correntes debido ao proceso de limpeza de código
(non entendo por que o Pootle non recupera as traducións anteriores
que son idénticas)

En segundo lugar, haberá que revisar o de Calc porque ademais das
novas funcións segue pendente a harmonización (que non hai nin en
inglés) respecto da "sintaxe" dos nomes polo menos. Creo que é
conveniente que se faga a partir desta versión oficial, dirixida a
usuarios avanzados e empresariais (a vindeira versión 4.2.1 sae a
principios de marzo, dirixida ao público xeral) e tamén porque así se
pode probar en todas as plataformas de forma consistente a mesma
versión (en vez das betas e snapshots).

Saúdos,

Antón






-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO

-- 
Correo a discuss+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a