2014/1/27 Anton Meixome <[email protected]>: > Mañá, segundo o calendario previsto, sae a versión 4.2. > > Fixen a tradución da nota de prensa oficial > http://blog.openoffice.gl/libo-libreoffice/article/the-document-foundation-anuncia-458?var_mode=calcul > > Para que se difunda a partir de mañá. Convén facer "ruído" moderado. > > Respecto da tradución, está ao 100% da interface. Sen ser nada > espectacular haberá un número considerable de melloras, correccións e > fixacións. O máis salientable é que houbo que reescribir gran parte > dos menús e opcións correntes debido ao proceso de limpeza de código > (non entendo por que o Pootle non recupera as traducións anteriores > que son idénticas)
Creo que Pootle recupera traducións se están como obsoletas. Dubido moito que isto pase no servidor de LibreOffice. Estamos traballando en engadirlle capacidade de memoria de tradución local, para permitir reaproveitar traducións anteriores realizadas no mesmo servidor. > En segundo lugar, haberá que revisar o de Calc porque ademais das > novas funcións segue pendente a harmonización (que non hai nin en > inglés) respecto da "sintaxe" dos nomes polo menos. Creo que é > conveniente que se faga a partir desta versión oficial, dirixida a > usuarios avanzados e empresariais (a vindeira versión 4.2.1 sae a > principios de marzo, dirixida ao público xeral) e tamén porque así se > pode probar en todas as plataformas de forma consistente a mesma > versión (en vez das betas e snapshots). Os meus parabéns por un gran traballo. Deica > Saúdos, > > Antón > > > > > > > -- > Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination > Galician community LibO & AOO > > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar > -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
