O 30 xullo 2014 10:25, Anton Meixome <meix...@certima.net> escribiu:

> Por se alguén interesado non está ao tanto.
>
> http://gl.libreoffice.org/descarga/
>
> Ao desaparecer o dominio que viña usando para o mantemento informativo
> no blog (http://blog.openoffice.gl/) que abandono despois de 5 anos
> porque considero que xa non é a forma apropiada, comunicarei as
> novidades do proxecto de tradución pola lista principalmente. A ver a
> que prezos saen os novos dominios .gal a ver se nos compensa.
>
> A nova versión supuxo unhas 7000 palabras de tradución da interface e
> ofrécese como sempre traducida ao 100%. Non notaredes apenas cambios
> agás algunha mellora de redución de largura dos menús. Nesta ocasión
> hai que agradecer o tempo que a OSL das universidades me permitiu
> dedicarlle para tela traducida a tempo. Por estas razóns a nota de
> prensa oficial da saída da nova versión se publica no blog da OSL
>
> http://osl.cixug.es/libreoffice-4-3-hoxe-por-hoxe-non-obtera-mellor-suite-ofimatica/
>
> Tamén hai que agradecerlle a Xosé a tradución da páxina do wiki con
> todos os detalles das novidades
> https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.3/gl (@Xose: se
> podes mira a ver de actualizala á versión final)
>
> A vindeira versión interesante será a 4.3.1 (a que se recomenda para
> todo tipo de instalacións e usuarios) será na segunda quincena de
> agosto e igual non estou pendente por descanso.
>
> Segue pendente unha revisión e harmonización en profundidade da
> nomenclatura das funcións estatísticas e matemáticas e por suposto
> segue aí a inxente tradución da Axuda. Con todo foise avanzando neste
> tema, mentres non se faga de modo sistemático iremos arranxando
> directamente os problemas que os usuarios indiquen.
>
> Sen máis novidades desde a coordinación
>
> Un saúdo e feliz verán


Moitas grazas.

Deica



>
>
>
> --
> Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
> Galician community LibO & AOO
>
> --
> Correo a discuss+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como
> desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en
> http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
> borrar
>

-- 
Correo a discuss+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a