2009/5/20 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> A ver, "stack" é pila (se é que existe en galego) como nunha pila de
> pratos: cando amoreas os pratos o primeiro que sacas é o último que
> puxeches ou sexa LIFO. Para FIFO sería cola, coma a cola dun cine (se
> é que existe en galego).
>
> Vexo dos exemplos de Antón que se usou moito amorear, aínda que iso a
> veces non denota unha orde, polo que pode que non sexa recomendable
> traducilo así, cando menos sempre.

http://en.gl.open-tran.eu/suggest/stack

Eu son da idea de que debe evitarse toda referencia a «montón» porque
afinal van haber problemas coa «heap», e preferir algo.
«Pila», que é como lle chamamos todos, é un castelanismo como a copa
dun pino, é dicir, igual que medrar, pero non deixa de ser como lle
chamamos todos. é dicir, o neoloxismo, se habemos defender tal opción.
No digalego, a procura de «stack» en inglés acha «meda», que como se
comproba na ligazón coa que comezo a resposta, é unha das opcións
recollidas nas traducións feitas. «Rima», com indica Xusto, tamén é
unha alternativa a considerar, con base en que na representación que
se fai da memoria, reservas de memoria, estado, activacións e chamadas
a cómputos, o que se ten semella moito unha rima de táboas.

Quero destacar unha cousa, e é que estamos a referirnos a un contexto
moi concreto, e polo tanto, a escolla non a vexo de aplicación á
tradución de «software stack» (no voso caso, ubuntu+oo.org+mozilla
suite+pidgin, no meu debian+kde; noutros casos lamp)

Responderlle a