2009/5/20 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
> 2009/5/20 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> A ver, "stack" é pila (se é que existe en galego) como nunha pila de
>> pratos: cando amoreas os pratos o primeiro que sacas é o último que
>> puxeches ou sexa LIFO. Para FIFO sería cola, coma a cola dun cine (se
>> é que existe en galego).
>>
>> Vexo dos exemplos de Antón que se usou moito amorear, aínda que iso a
>> veces non denota unha orde, polo que pode que non sexa recomendable
>> traducilo así, cando menos sempre.
>
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/stack
>
> Eu son da idea de que debe evitarse toda referencia a «montón» porque
> afinal van haber problemas coa «heap», e preferir algo.
> «Pila», que é como lle chamamos todos, é un castelanismo como a copa
> dun pino, é dicir, igual que medrar, pero non deixa de ser como lle
> chamamos todos. é dicir, o neoloxismo, se habemos defender tal opción.
> No digalego, a procura de «stack» en inglés acha «meda», que como se
> comproba na ligazón coa que comezo a resposta, é unha das opcións
> recollidas nas traducións feitas. «Rima», com indica Xusto, tamén é
> unha alternativa a considerar, con base en que na representación que
> se fai da memoria, reservas de memoria, estado, activacións e chamadas
> a cómputos, o que se ten semella moito unha rima de táboas.

"dun pino"??

> Quero destacar unha cousa, e é que estamos a referirnos a un contexto
> moi concreto, e polo tanto, a escolla non a vexo de aplicación á
> tradución de «software stack» (no voso caso, ubuntu+oo.org+mozilla
> suite+pidgin, no meu debian+kde; noutros casos lamp)

Con "cola" e "pila" sempre tiven problemas, porque nuns sitios din que
non son castelanismos, noutros si, e noutros non din nada. Penso que
estes dous conceptos son claros candidatos a ir no glosario...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a