Sempre pensei que estaba claro

drive  -  unidade
driver - controlador (de unidade ou de dispositivo)
device  - dispositivo
media - medio (cando se refire ao soporte)
           - multimedia (cando se refire ao formato)

Pero ao consultar as traducións tanto de Mancomún como as que se 
consultan en open.tran.eu
observo que mentres device sempre se traduce por dispostivo, no caso de 
drive é tan frecuente usar unidade como tamén dispositivo, co cal temos 
dous termos diferentes coa mesma forma equivalente en galego.

Cumpriría facer o esforzo de ser sistemáticos? É certo que device é máis 
xenérico que drive e daquela todos os casos de drive están dentro dos de 
device, por tanto "dispositivo" sempre será correcto, pero non me parece 
correcto que en función do aplicativo, ou do tradutor unhas veces
drive sexa dispositivo e outras unidade.

Pensemos por exemplo en hard disk drive >  dispositivo/unidade de 
(almacenamento) disco duro/ríxido ? Creo que é demasiada variabilidade.

Outra que presenta problemas é media: unhas veces traducida como 
multimedia e outras como medio, soporte, disco, recurso... e o 
inevitábel dispositivo tamén aquí:
Unidades e dispositivos extraíbles (XFCE) <javascript:;>XFCE 
thunar-volman <http://i18n.xfce.org/>: Removable Drives and Media

Driver non parece ter problemas de consistencia. Sempre como controlador.

A miña intención é asentar as equivalencia deste grupo de termos:  
drive, device, driver, media




-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090618/97de2c90/attachment.vcf
 

Responderlle a