>> Fai tempo que non sigo esta rolda, por perder a utilidade para a que foi
>> creada...
>> > Non sei en Gnome hai actualmente consistencia, pero case o
>> > dubido.
>> >
>> >
>> Grazas por desprezar o traballo dos dem�is, terase en conta.
>
> Si, o comentario foi bastante desafortunado. Supoño que por
> descoñecemento.
> Eu simplemente non o tería en conta; non merece a pena.

Vou contestar a esta opinión sobre o meu comentario aquí, e ao resto
das cousas no novo fío creado por Miguel Branco.

Non dubido que na parte de Gnome que revisou a xente de Tagen Ata
(facendo un moi bo traballo, todo hai que dicilo) haxa unha
consistencia que podemos chamar case total (non digo total porque non
penso que sexan persoas incapaces de cometer erros, nin eles nin
ninguén). Pero agora si, Gnome non é só o que eles revisaron e o que
fóra diso se foi revisando e traducindo nos últimos meses, hai cousas
en Gnome (extras e office) que non se tocaron en anos diria eu. A iso
me refiria. Pode que na parte non tocada non haxa aparicións de
"pegar", pero isto non quita que para outros termos haxa
inconsistencia. Así que non desprezo nin desprecei o traballo de
ninguén, que falta non nos fai menosprezar aos compañeiros voluntarios
cando aínda nos falta persoal.

Sigo no outro fío dentro dun anaco.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a