mvillarino escribiu:
> Fora diso e da putada que supón quedar agora sen traballo, hai que
> mirar para diante, purrar por converter a trasno ou similar en
> asociación e ter ese servidor de andando, con servizos de tm e tbx, e
> o resto dos habituais en software de comunidade en rede.
> 

Sorprendenme as poucas mensaxes que están a circular nesta rolda sobre o 
probábel peche de mancomun.

Antes de discutirmos o "reparto da herdanza", e en paralelo á necesidade 
de estar preparados para se finalmente temos un finado diante, inda 
podemos chamar ao médico, ou polo menos morrer combatindo.

O Plano Estratéxico non conta con mancomún nin o uso do software libre 
na administración e, coñecendo a administración por dentro, en pouco 
tempo vamos topar coa realidade.

O único que pode parar o tren é o ruido mediatico, conseguir que o PP 
reconsidere a decisión (xa tomada). Temos o dereito a patalexo e, pola 
miña parte, vou patalexar.

Se alguén quere colaborar a facer ruido, que pase por aquí:

http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450



-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a