>> - Infraestructuras. Aquí desinstitucionalizar significa externalizar nalgunha
>>   organización que actue á marxe dos cambios de cor política dos gobernos de
>>   turno e que sexa capaz de asumir o mantenemento dos servizos que
>>   identifiquemos como críticos para a continuidade dos proxectos de l10n.
>>
>> Creo que con estes aspectos quedan sinalados os aspectos fundamentais do
>> proceso de desinstitucionalización, polo menos para darlle inicio a unha
>> posta en común que nos sirva para concretalo.
>>
>> Por último: un risco real, e que penso deberíamos evitar, é que acabe o
>> presente e con él os actuais convenios aos que está vencellado o personal e
>> as infraestructuras sobre as que funcionamos, sin que por parte da comunidade
>> se asumira de forma efectiva a continuidade de alomenos eses tres proxectos
>> de localización.
>
> Cando a xornada G11n de fai dous anos? á que foi convidada a
> ciberirmandade, en representación desta manifestara a conveniencia de
> non centralizar en exceso por mor do perigo que suporía o peche de
> mancomún. Lembro que a, daquela, Directora Xeral amolouse comigo pois
> entendeu que as miñas verbas denunciaban o intento de mancomún por
> acaparar todo o relativo á tradución. Esta interpretación foi errada,
> pois o que sempre defendimos dende a ciberirmandade foi a conveniencia
> da existencia de diversos grupos de tradución autónomos, reservando para
> mancomún un papel coordinador, fornecedor de recursos e, como di Suso,
> "profesional" para traballos importantes non atendidos.

Neste momento no que Trasno está avanzando cara unha asociación,
Trasno poderiase ocupar das traducións do SL (como fixemos en boa
parte ata o de agora). A forma de traballar de Trasno é equipos
autónomos, con recursos en común, e sinceramente penso que funciona,
aínda que hai que mellorar os recursos en común.

Por certo, tamén eu comentara na sesión do domingo o tema.

> A CiberIrmandade non pode ofrecer coñecementos técnicos. Fumos quenes
> puxemos en marcha o primeiro entrans no país, pero nos falta xente para
> procesar os arquivos PO, polo que está parado. A tradución que facemos
> agora é directamente con arquivos nos foros.
>
> Non podemos ofrecer coñecementos, pero si podemos ofrecer recursos (falo
> a titulo persoal, pero penso que ninguén se oporía). Dispoñemos de
> roldas de distribución, foros que se poden estructurar baixo demanda
> (visibeis, ocultos, subforos, ...), espazo e transferencia no servidor,
> unha instalación de entrans. E se fixera falla mais, supoño que
> poderiamos chegar ao que fose necesario, pois nunca nos faltou a pasta
> (colleitada mediante subscripción popular). Non temos problemas a que se
> empreguen os nosos recursos sempre que sexa para xerar ferramentas en
> galego.

A nós fáltanos persoal, e temos que mellorar os recursos comúns. A
partir de aí todo sería sinxelo. Aínda que o ano pasado se nos foi
xente importante e traballadora segue aparecendo xente nova. Será
cuestión de conseguir que collan práctica e se queden.

> Porén, a situación ideal é ben distinta (falo outra vez a titulo
> persoal). Mancomún ten xente en nómina, profesionais capacitados que
> fixeron un magnífico traballo. E agora, a comunidade sería incapaz de
> manter eses contratos. Pero, seríamos quen de organizar un novo
> mancomún? Seríamos quen de, entre todos, mediante subscripcións
> populares, colleitar diñeiro para manter, se non igual, un novo mancomún
> con persoal contratado e recursos de máquinas abondos? Evidentemente
> esto en paralelo co mantemento das distintas organizacións. Sei que é
> moi dificil, pero aí queda esto por se alguén quere discutilo.

Outro tema para o G11n aínda que persoalmente dubido que sexa
factible. Se unha persoa cobra 1000? mínimo por mes, son 12000? ao
ano, e a ver de onde sacamos tantos cartos.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a