Ola,

no referente ó definition e o subjectField Marce ten razón. Segundo o
estándar son campos obrigatorios.

>> Un nivel de calidade no noso glosario é cando se convirta nunha
>> ferramenta útil e fiábel para o tradutor. Para iso ten que ser completo,
>> a partir dun conxunto de fontes representativas, consistente nas
>> equivalencias, xa que se trata de emparellamentos terminolóxicos entre
>> inglés e galego, consensual cos seus usuarios e aceptábel para a lingua
>> de chegada na tradución, o galego.
>
> Isto preséntame varias dúbidas:
> - E se non fose completo, isto é, se fose menos extenso, sería menos fiábel?
> - Cais son as fontes representativas que estades a empregar?
> - Con que usuarios estades a chegar a consenso? (Nota: xa sei que o consensum
> omnium é difícil de acadar)

O importante é que o que haxa sexa fiable, e que o que haxa non sexa
menos que o que hai agora. Se o caso fora doutro xeito ninguén
remataría usando o glosario. O de fontes representativas quere dicir
exemplos nun contexto real?

>> Un "certo nivel" é polo menos cumprir
>> os dous primeiros chanzos. O consenso depende da comunidade e para iso
>> temos aberto un proceso de "elaboración lexicográfica" no idioma
>
> -Como defines comunidade e de que membros consta?
>
>> Por outra parte quero lembrar que hai outro equipo, en absoluta
>> desconexión parece, facendo un dicionario de  novas tecnoloxías (non
>> glosario de localización de software) desde o Colexio de Enxeñeiros de
>> Telecomunicación.
>
> E menudo fortunón que se vai pagar por el! (aínda que claro, o moito e o pouco
> non teñen medida)

Estes telecos!!

Ata logo,
                      Leandro regueiro

Responderlle a