2009/8/27 Enrique Estevez <keko en ousli.org>:
> Ola.
>
> Tras darlle outra revisión as cadeas do VirtualBox, ahí vai a da última 
> versión, a 3.0.4. En principio debería estar todo traducido e xa correcto.
>
> Revisamos algunha cousa que non estaba ben e arranxamos o das cadeas que non 
> aparecían traducidas. No adxunto vai todo. Pero o que vos interesa 
> simplemente son os ficheiros .qm que hai que copiar nun cartafol chamado nls 
> (que pódedes averiguar onde está a través do comando dpgk -L 
> virtualbox-ose-qt) onde están o resto de traduccións doutros idiomas e elelir 
> o idioma ao iniciar o virtualbox para que cambie ao galego.
>
> A maiores xerouse tamén a tmx, pero o proceso seguro que non está moi limpo, 
> xa que se empregou o translate toolkit a pelo. É dicir, convertiuse 
> directamente os ficheiros ts a po e despois a tmx. A simple vista parece que 
> está ben, pero non o podemos asegurar porque non tivemos tempo de facer 
> probas con elas. O que si está ben, son as memorias do qtlinguist, os qph. Co 
> que continuar a tradución do proxecto por outra xente sería moi sinxelo, xa 
> que engadindo ese ficheiro ao proxecto de tradución e dandolle a tradución 
> por lotes xa traduciría a maior parte do mesmo. O script que xera os qph e 
> moi cutre pero para este caso en concreto funcionou (o meu non é o scripting 
> e fixen algo para saír do paso).
>
> Esperemos que esta xa sexa a definitiva. Agora toca pornos en contacto cos 
> responsables de virtualbox deste tema para que a integren.


Moitas grazas. En canto teña tempo a ver se miro a maneira de importar
TMX directamente ao open-Tran e lle paso o código aos desenvolvedores,
e de paso tamén lles meterei caña para que traballen un pouco no
código para poder facer un paquete e poder instalalo facilmente en
calquera outro sistema.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a