Boas:

Fran Dieguez escribiu:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
> 
> Ola a tod en s,
> 
> Aclaro: Branch dentro dun sistema de control de versións é unha
> ramificación do fluxo normal de desenvolvemento que se emprega
> temporalmente ou non como método de separación. Separación ben porque se
> está a traballar nunha  nova funcionalidade ou ben como método de estudo
> alternativo do desenvolvemento.
> 
> 
> Acabo de ver en launchpad que a traduzón de git-gui estase
> a traducir Branch como Galla. 2 cousas:
> 
>  - O que máis importa: cando se consensuou iso... Eu estiven na
>    discusión dese termo e quedouse en traducilo como "Rama" ou
>    ramificación". Eu emprego git a diario en todos os meus proxectos
>    de desenvolvemento polo que como comprenderedes non entendo esa
>    traduzón.
Rama é termo galego e é perfectamente válido. Non lle vexo o problema e 
menos se foi acordado despois do debate.

>  - Entendo que galla é "Cada unha das partes en que se divide o tronco
>    ou o talo dunha planta". Pero certamente eu e todos os que me
>    rodean e que se adican a desenvolvemento de software é a primeira vez
>    que escoitan tal cousa. Está ben recoller termos do galego pero tedes
>    que entender que o desenvolvedor xa ten suficientes rompedeiros de
>    cabeza como para que teña que tamén que estudar o que significa cada
>    novo elemento do seu aplicativo habitual.
Eu nese caso pasaríame ao ingles.
Eu son dos que pensa que, se teño que usar silla no canto de cadeira 
para que os despistados non se rompan a cabeza, non traduciría.
Penso que, nos tempos nos que estamos, a tradución ha de ser didáctica.

> 
> Resumindo: porqué non empregamos o Principio da Mínima Sorpresa cando
> esteamos en interfaces de desenvolvemento??? Eu seguindo co consenso
> seguirei traducindo Branch->Ramificación polos motivos antes citados.
Polo que se pode ver é unha tradución perfectamente válida.
> 
> Aproveito para darlle a noraboa a Trasno xa que por fin están petando
> nas portas da Xunta para ser unha asociación regularizada. Dádelle duro
> rapaces.
Idem ;-)
> 
> Saúdos
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
> 
> 
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
> 
> iEYEARECAAYFAkrOCvwACgkQmLtmJqKk+bgPCACcCJP6Nwfv6vIN9tZcVfa0vhuI
> V6YAn0KjQHzmZM68oae7D4xsTVYZjv5H
> =UfuS
> -----END PGP SIGNATURE-----
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 

Responderlle a