> Sinto contestar tarde, ando enleado. Vou intentar dar a miña opinión do que
> falades, e espero que outros trasnegos comenten tamén.

+1

> Como ben dicides Trasno está en pleno proceso de fundación, así que estas
> conversas cóllenos nun momento de reflexión interna. Nese sentido temos que
> reflexionar conxuntamente sobre do que propuxestes antes de o valorar.

+1

> Agradezo profundamente o ofrecemento de Ciberirmandades, iso que quede
> claro. Compartimos intereses e hai terreo para a colaboración. Como neste
> momento Trasno non dispón de infraestrutura nin é unha asociación con
> responsabilidades como as CIF non sería práctica unha reunión, inda que sen
> dúbida poderá ter lugar nas próximas semanas.

+1

> Mais ao fío da discusión non quero deixar de aclarar ou preguntar sobre
> certos aspectos:
>
> 1. a orixe e o motivo principal de existir de Trasno é de servir de canle de
> comunicación para toda a comunidade de tradutores; a efectos somos un grupo
> paraugas de moitos proxectos

+1

> 2. de feito existe un estreito vínculo entre a xente de Ubuntu e Trasno;
> igual que se considera Ubuntu como entidade propia, poderíase considerar,
> p.ex o grupo de KDE

+1

> 3. o estatuto que firmaremos está pensado para crear unha asociación que
> ampare a quen traduza, non só ós asociados -- pretende ser a asociación
> matriz que acolla a localización galega, coordine e dispoña os recursos que
> esta necesita

+1 ("imos asinar")

> 4. Inda que a invitación a se unir quedou clara, non entendo demasiado as
> presas por convocar reunións con data e lugar prefixado *cando* os máis
> interesados e que máis traballo activo realizan localizando aínda non se
> expresaran. Non entendo as presas.

+1

> 5. e unha curiosidade, que igual entendín mal, pregúntome porqué é necesario
> infraestrutura propia para manter a localización de GNOME, OOo e Mozilla?.

+1

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a