Isto era, perdoade:

*
*

*Artigo 5**.º**- *1.- Son fins principais da asociación:



   1.

   A promoción e difusión do software libre, dos seus valores e da
   relevancia para o interese xeral da sociedade galega, con énfase na
   posibilidade de empregalo en galego ou da posibilidade de contribuír a que
   estea nesta lingua.
   2.

   A localización de software libre ao galego co fin de que a comunidade
   galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e
   requirimentos lingüísticos e culturais. A localización ao galego de software
   libre implica a adaptación deste para que estea traducido á lingua galega,
   dispoña de servizos nesta lingua como axudas e titoriais, e dispoña de
   ferramentas de apoio e asistencia, tales como dicionarios e correctores
   ortográficos. Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa
   oficial do galego sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións
   dos recursos tamén noutras normas lingüísticas alternativas.
   3.

   Poñer a disposición libre de todos cantos voluntarios queiran localizar
   software libre ao galego ferramentas e material do que se poidan servir para
   realizar esta tarefa, sempre na medida do que a asociación poida.
   Igualmente, permitir o acceso a calquera persoa sen restrición nin trabas a
   todos os recursos xerados pola actividade da asociación e de todos os
   contribuidores ora por medio dos proxectos de software libre que son
   localizados ora a través das canles propias da asociación.
   4.

   Dar apoio e asistencia aos voluntarios e, en xeral, a todas aquelas
   persoas interesadas, relativa á formación necesaria para poder contribuír á
   localización de software libre, sempre na medida do que a asociación poida.
   Isto inclúe a formación e axuda en aspectos tanto informáticos coma
   filolóxicos.
   5.

   Desenvolver software libre especialmente relacionado cos procesos de
   internacionalización mais tamén específico doutros ámbitos. Isto inclúe
   deseñar, desenvolver, probar, dar asistencia, promocionar e difundir o seu
   uso.
   6.

   Contribuír ao patrimonio lingüístico e cultural galego avanzando na
   incorporación do galego ao eido da informática, innovando na adaptación e
   desenvolvemento de terminoloxía propia para a lingua neste eido e poñendo a
   disposición pública e libre os resultados destes esforzos.
   7.

   Representar á comunidade de colaboradores nas actividades promovidas ou
   participadas pola Asociación.
   8.

   Colaborar con outras entidades que compartan os seus fins.


 2*.- *Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organizar as
seguintes actividades:



   1.

   Crear e soster a infraestrutura necesaria para que se realice ou facilite
   a tarefa de localización de software libre, se dea apoio e asistencia a
   esta, se posibilite a comunicación entre todos os asociados e voluntarios e
   se almacenen e distribúan os recursos xerados derivados da actividade de
   localización. Isto inclúe, ademais de medios físicos, os servizos a través
   da Internet como páxinas web, listas de correo, foros, blogs e outros medios
   similares.
   2.

   Realizar encontros, xornadas, etc. para que os asociados e os
   contribuidores avancen nos obxectivos da asociación.
   3.

   Realizar actividades para a formación en todos os aspectos implicados na
   actividade de localización, con énfase na localización ao galego.
   4.

   Coa finalidade da promoción e difusión do labor da asociación e dos seus
   valores, organizar simposios, charlas, campañas e organizar outro tipo de
   actividades, tanto convocadas pola asociación coma por pedimento de
   terceiros.
   5.

   Publicar artigos, libros ou outro material de edición propia relacionados
   coa finalidade da asociación, tanto en formato impreso coma dixital.
   6.

   Desenvolver software libre, sostelo, liberalo e darlle asistencia aos
   usuarios.
   7.

   Formalizar e executar convenios de colaboración con outras entidades
   tanto públicas como privadas
   8.

   Realizar a contratación de servizos profesionais, asesoramento ou
   comerciais para os fins propios da Asociación.
   9.

   Expedir certificacións de recoñecemento de méritos dos socios ou
   colaboracións nas actividades da Asociación.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091015/096c4d9c/attachment-0001.htm
 

Responderlle a