Ola:

Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta de
información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.

-Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, unha
vez este traballo xa está fora de Mancomún.
-Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, nin
que cuestións de coherencia habería que revisar.
-Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se fixo o
OPT-IN para a versión final.

http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
-Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
    http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
-Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non teñen
resposta:
    http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
    https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992

Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do ficheiro
main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.

-Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de Mozilla
que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é que si.

Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que actualizar
un pouquiño a páxina principal disto:
http://galician.mozdev.org

Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
acordo.

Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?

Javi Rial.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091023/4fbcbb3d/attachment.htm
 

Responderlle a