O Venres, 7 de Agosto de 2009 21:59:04 Enrique Estevez escribiu:
> Pois como o virtualbox traballa con ficheiros .ts e os conversores do
> translate toolkit pois non funcionan ben para eles, tiven que facerme eu un
> apaño que está en probas.

E por que non empregar o editor nativo de ficheiros .ts, o Qt Linguist?

> Polas miñas indagacións, non recoñece a palabra reservada msgctxt,

Pódoche garantir que en KDE faise un uso intensivo e extensivo do campo 
msgctxt

> Supoño que é problema do Lokalize,
> xa que si ao ficheiro .po lle quito esas liñas, si que mos carga, co que
> podería ser un erro. Xa me contaredes os que empregades o Lokalize.

Sería chachi que enviases un ficheiro de exemplo co fallo.

>
> O problema que teño coa tradución é que non me pilla as cadeas deste tipo:
>
> msgid "Could not read directory
> %1"
> msgstr ""

Isto contén un/dous erros na estrutura: nos ficheiros gettext todas as liñas 
dos eidos msg* deben conter dous pares de aspas, entón ou fas
"Could not read directory"
"%1"
ou
"Could not read directory %1"

descoñezo se está definido o que facer no caso de ter aspas desenparelladas 
nunha liña.

> Pois o Poedit, xa pillaba todo, pero metíao todo na mesma liña, cousa que
> non creo que valga, pois no Lokalize petou o programa.

Non creo        que fose iso: é indistinto que estexa nunha ou en n liñas, de 
feito 
os editores normalmente axustan a unha largura de 80 caracteres por si metendo
liñas nos mgstxt.

> Adxunto a captura do
> erro e o informe que xerou o programa, por se pode ser de utilidade para
> enviarlle ao desenvolvedor.
Non os dou aberto, síntoo (ficheiros baleiros), manda un ficheiro po de exemplo 
a ver se miro o tema.

Responderlle a