2009/8/17 Enrique Estevez <keko en ousli.org>:
> Ola.
>
> Hoxe voltando a facer probas e con Fran na Oficina, ensineille o exemplo do
> ficheiro e xa diu con erro.
>
> O erro que cometía era que cando facía a conversión, non metía entre comillas 
> o
> contexto. En ver de polo así:
>
> msgctxt "Contexto"
>
> eu poñíao así:
>
> msgctxt Contexto
>
> por eso me fallaba. Na especificación de .po, pois non poñía nada e nos
> exemplos ía tal cual sen as comillas, pero tamén ía sen comillas ás veces o 
> que
> vai entre msgid e msgstr. Non sei, nalgún lado me pareceu que ía sen comillas,
> ata estiven revisando algún ficheiro .po no que pensei velo sen elas e fixen
> probas co translate toolkit para ver como facía a conversión e si que traían 
> as
> comillas. Obcequeime en que non levaba comilllas e por eso petaba o tratar con
> esa etiqueta.

Pois si, tamén van con signos de cita. O funcionamento é igual ao do
msgstr ou msgid.

> O outro erro que me estaba a dar, creo que é cando traballa con ficheiros .po 
> que
> non levan a cabeceira, este pedazo de código:
>
> # Galician translation for deja-dup
> # Copyright (c) 2009 Rosetta Contributors and Canonical Ltd 2009
> # This file is distributed under the same license as the deja-dup package.
> # FIRST AUTHOR <EMAIL en ADDRESS>, 2009.
> #
> msgid ""
> msgstr ""
> "Project-Id-Version:
> "Report-Msgid-Bugs-To:
> "POT-Creation-Date: 2009-06-13 13:02-0400\n"
> "PO-Revision-Date: 2009-05-06 01:37+0000\n"
> "Language-Team: Galician <gl en li.org>\n"
> ...
>
> Sen esta cabeceira, creo que é cando da o erro que anexei no primeiro correo.

As liñas comentadas do principio non creo que sexan obrigatorias, pero
os outros campos son obrigatorios en todo ficheiro .po.

> E no tocante ao das liñas, pois é o que decides. Que teñen que ir entre 
> comillas.
> A ver como arranxo o conversor para que me traballe con estes detalliños e
> poida liberalo dunha vez, para que aquel que prefira traballar co Lokalize e 
> con
> outros como OmegaT (no meu caso), poida traducir os .ts sen empregar o
> qtlinguist. Eu non o emprego porque non traballa con tmx e é dificil 
> traballar con
> el. Non me habituo a el e o de ir xerando as súas memorias é un incordio.

Tes razón. Ánimo.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a