Quixera tratar este termo. Na miña opinión debemos corrixir as 
traducións realizadas porque se trata dun exemplo clarísimo de "falso 
amigo" ou ben dun calco do inglés, un barbarismo.

En -> gal

command -> orde
squad/commando -> comando

Así, no glosario inglés-galego que, recordemos, era descritivo do que 
hai nas traducións, temos que

run command    <>    executar comando
sql command    <>    comando SQL
command    <>    comando
command line options    <>    opcións de liña de comandos
command to execute    <>    comando que será executado    comando para 
executar
unknown command    <>    comando descoñecido
command line    <>    liña de comandos

Agora é xa o momento de facerlle dar un paso máis a ese glosario inicial 
e pasar a tratar terminoloxicamente as palabras. Empezo con esta porque 
me xurdiu o exemplo ultimamente demasiadas veces.

Paréceme importante que distingamos entre traballar con traducións 
(mellores ou peores) e falar de termos. Un termo ten que ir 
inexorabelmente asociado a unha "noción". Para esa noción, sé é 
especializada nun ámbito determinado, só pode haber unha forma 
equivalente. Por outro lado os termos combínanse para producir un 
enunciado e de aí poder xurdir dúas estruturas: unidades terminolóxicas 
complexas (UTC) ou ben fraseoloxía (que combina termos e palabras comúns 
nunha secuencia frecuente e máis ou menos fixa)

Por iso hai que distinguir nos exemplos anteriores entre os casos de 
"command line"  "command to execute", UTC o primeiro e frase o segundo. 
No primeiro caso só pode haber un equivalente mentres que no segundo 
pode haber varias válidas)

Se concordamos en que comando é unha tradución tan incorrecta

Termo
"In computing <http://en.wikipedia.org/wiki/Computing>, a *command* is a 
directive to a computer program acting as an interpreter of some kind, 
in order to perform a specific task...Specifically, the term /command/ 
is used in imperative 
<http://en.wikipedia.org/wiki/Imperative_programming> computer languages 
<http://en.wikipedia.org/wiki/Computer_language>." (Wikipedia)

Se o seu uso é un "modo imperativo" coma na linguaxe natural é evidente 
que o seu valor é de establecer ordes, un mandato.

command - orde

    UTC
    command line - liña de ordes
   
Frases
    command to execute - orde para/que executar (sen entrar agora se 
executar é unha tradución aceptábel para execute e o problema con run 
command)
    run command
    sql command
    unknown command
    command line options

En portugués parece optarse por "instrução", mentres en castelán se opta 
polo calco directo do inglés; en catalán é "ordre"; en francés tamén os 
tradutores de Oo.org e Gnome optaron por "commande"... vamo, que non hai 
homoxeneidade que respectar na nosa contorna. Debemos decidir por nós 
mesmos.

En resumo, desde o p.d.v. lingüístico é evidente que a forma máis 
adecuada sería "orde" pero de nada vale se os tradutores de software non 
nos concertamos en aplicala de modo sistemático porque iso significa que 
non somos quen de fixar a terminoloxía informática en galego. Se nos a 
adoptamos como tradución na "norma técnica" da localización de software, 
logo poderá vir unha sanción oficial que a convirta en tradución 
obrigatoria e nun termo estábel. Se adoptamos a estratexia do calco do 
inglés (comando, con valor de orde) estariamos facendo traducións 
incorrectas (discutíbeis permanentemente) desde o punto de vista do 
galego e habería que esperar, décadas, a que a RAG recollese e asumise o 
valor de "orde" na palabra <<comando>>. Na situación sociolingüística do 
galego non pode haber comparación entre o que se fai en español ou en 
francés co que debemos facer en galego.

RAG
*comando*/s.m./ *1*. /Mil./ Mando militar./ O comando dun navío de 
guerra./ *2*. /Mil./ Tropa constituída por un pequeno grupo de soldados 
escollidos para facer incursións ou outras misións especiais en 
territorio inimigo. /Os comandos creáronse na II Guerra Mundial.

Espero ter exemplificado a intención fundamental deste correo que non é 
a discusión sobre "command" senón contribuír a crear unha metodoloxía, 
uns criterios de debate en terminoloxía da localización, e dar ese paso 
adiante que nos falta.

Non quero xerar un debate estéril e moito menos descualificar o moito 
andado pero honestamente considero que o tradutor debe aspirar a ser 
invisíbel para o usuario do seu traballo e iso só se pode facer cando as 
solucións son recorrentes e culturalmente adecuadas.

Antón Méixome

/



 








Responderlle a