2009/4/15 Méixome <meixome en mancomun.org>:
> Quixera tratar este termo.

Shell -> Shell
Command line -> Liña de ordes
C.L.I. -> I.L.O. (de vello)

Persoalmente, para evitar confusións, modifiquei localmente o ficheiro
de dicionario do hunspell para retirar "escrebar", "criar", "acender"
e "comando", e que me resalten así as diferenzas entre a ortografía de
min. reint e a oficial.
Vamos, que seguindo o criterio de Tarrío, estou a subtituir os
comandos por ordes.

> Agora é xa o momento de facerlle dar un paso máis a ese glosario inicial
> e pasar a tratar terminoloxicamente as palabras.

Máis vale tarde que nunca.

> Paréceme importante que distingamos entre traballar con traducións
> (mellores ou peores) e falar de termos. Un termo ten que ir
> inexorabelmente asociado a unha "noción". Para esa noción, sé é
> especializada nun ámbito determinado, só pode haber unha forma
> equivalente.

Ea, unha cousa menos que discutir con Leandro!.

> Espero ter exemplificado a intención fundamental deste correo que non é
> a discusión sobre "command" senón contribuír a crear unha metodoloxía,
> uns criterios de debate en terminoloxía da localización, e dar ese paso
> adiante que nos falta.

Reinventa-la a roda? Non, grazas.

Eu propoño tomar como método de referencia a «Metodoloxía do traballo
terminográfico puntual en língua galega»
(http://www.culturagalega.org/biblioteca_detalle.php?id=109), de Xusto
Rodríguez Ríos, 2003 (de que se me fai coñecido ese nome?)

Responderlle a