En teoría iso é o que hai que facer.
A min vaime ben, que palabras non che corrixe ben?



Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> estiven ferrallando co do corrector na Ubuntu 8.04 e collin os
> ficheiros da extensión do openOffice e quiteille o ficheiro .aff e
> mailo ficheiro .dic e metinos no directorio /usr/share/myspell/dicts
> 
> Non sei se fixen algo mal ou é que o corrector non rula ben de todo,
> pero os resultados que da o corrector non me convencen de todo. Hai
> algún xeito de comprobar, escribindo un texto ou unhas palabras, que o
> corrector que está rulando é a última versión e ningunha das
> anteriores?
> 
> En caso de ter feito ben xa podo ir facendo listas de palabras que
> pode que non corrixa ben.
> 
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 

Responderlle a