Boas Leandro: A min corríxeme ben carballeira dúas dinosaurio (mal, non aparece no digalego) > dinosauro (aparece como correcto) xentalla (tampouxo aparece no digalego) acompaño algunhas capturas de pantalla no gedit tamén corrixe correctamente. mira a ver se pode ser cousa de guións, fíxate na captura do /usr/share/myspell teño os dous e mais outros que son ligazón. Aínda que teñas o de mínimos instalado se pos o dicionario do OO o que estás a facer é sobrescribilo polo que iso no sería un problema (non sei se incluso sería recomendábel instalalo para sobrescribir o .dic e .aff) no meu caso estaba instalado o paquete myspell-gl-minimos e ao por os ficheros sobrescribín. Para o thunderbird nin sequera tiven que instalar o corector, xa o colle do sistema. A verdade co simple que era por a cousa a traballar... eu desde logo estouche moi ledo. Saúdos
Leandro Regueiro escribiu: > On Mon, Dec 15, 2008 at 2:57 PM, damufo <damufo en gmail.com> wrote: > >> En teoría iso é o que hai que facer. >> A min vaime ben, que palabras non che corrixe ben? >> > > Non é que me corrixa ben ou mal. É que me da por malas certas palabras > que eu entendia que si que estaban ben. Agora non lembro exactamente > todas, mais ben só unha: dame por boa "páxaro" e por mala "paxaro" e > eu pensaba que era xusto ó revés (en castelán ó revés que en galego é > a norma que usaba :)). Tamén tiña certo problema con algunha coma > "dinosaurio" "carballeira" "xentalla" "dúas"... pero non lembro se era > porque ma daba por mala ou por boa. Ademais fixen onte a proba de > escribir unhas setecentas palabras e activar o corrector e penso que > corrixia de mais, é dicir, penso que da por malas cousas que para min > son correctas (ou iso penso, ainda que teño a dúbida e non viria mal a > axuda dalguén que controle da última normativa). > > A todo isto lembro que na akademy probaras ou probara eu co teu > corrector "oxixeno" "axexar" e "osixeno" "asexar" dando por boas as > dúas primeiras e por malas as dúas segundas, o que concorda co que me > da a min tamén. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : thunderbird.png Tipo : image/png Tamaño : 71976 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081215/99b0a00c/attachment-0003.png ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : dicts.png Tipo : image/png Tamaño : 115005 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081215/99b0a00c/attachment-0004.png ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : gedit.png Tipo : image/png Tamaño : 26002 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081215/99b0a00c/attachment-0005.png