On Tue, Apr 22, 2008 at 10:39 AM, Felipe Gil Castiñeira
<felipexil en gmail.com> wrote:
> mvillarino wrote:
>  > - Metaproxecto de tradución: que facer e como facelo para que todo o mundo 
> se
>  > sinta cómodo. Procedimentos de traballo, organigrama, etc.
>  >
>  Por curiosidade... ¿existe un "mapa" de proxectos de tradución?. De non
>  ser así estaría ben ter un (ou un directorio centralizado).... e unha
>  persoa que se encargase de actualizalo.

Home se te refires a unha lista de proxectos de tradución, cando Fran
Diéguez fixera a súa presentación na XGN, a que finalmente vai dar
lugar a esta nova xuntanza, fixérase unha lista dos coñecidos, pero
son e foron tantos que é case imposible nomealos todos, polo menos se
non contamos só os de tradución de software libre que sempre tenderon
a estar máis centralizados.

Supoño que haberá que falar do tema de que hai que percorrer a rede
para atopar a tódolos tradutores que poida haber por aí para que se
sumen a unha especie de proxecto común onde todos nos poidamos
comunicar, pero dando liberdade para traducir... eu non me ofrezo, que
cando o fixen hai anos xa para atopar programas traducidos ó galego
(antes de atopar eu Trasno) case quedo cego de tanto mirar a pantalla.
Falando disto, comenteille a un tradutor de software non libre que se
lle interesaba a parte dos recursos en común podía vir á xuntanza,
supoño que non habería problema, ainda que o certo é que non me
confirmou nada.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a