óla Denís, benvido!

A idea e a seguinte: estase inda a agardar a algunhas persoas que 
queren apuntarse a lista , pero que están a ter problemas co seu 
correo, de xeito que o ideal e que mentres agardamos por eles para 
dividirnos as tarefas,  quenes queiran facer  a traducción, vaian 
tentando instalar e probar o Mozilla Translator, dese xeito xa hay 
traballo adiantado

ftp://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/l10n-kits/mt504.zip

Inda que con moitos erros e de xeito superficial, polo momento xa temos 
documentación sobre esta aplicación na páxina:

http://galician.mozdev.org/docs/


Supoño que en duas semanas estará solucionado o tema das contas de 
correo. En canto teña novas deles, xa vos aviso; De tódolos xeitos, xa 
procurarei, polo menos unha vez a semana, informar das novidades e do 
estado actual do proxecto.

Denis, co temas que me apuntabas acerca do Firefox.
Tal e como indico na páxina, tiven novas de duas persoas (Angel Sánchez 
García e Ramón Pais Pazos, angel.sanch...@rai.usc.es e 
aure...@lycos.es)  que queren facer un equipo de traducción o Firefox 
pola sua conta.

Ofrecinlles axuda deste grupo, inda que todavía non teño novas deles, 
dixeronme que estaban a agardar as novas dos de Mozilla (foi extrano, 
dado que saltaronse o varios pasos), de xeito que agardo novas do que 
farán (por suposto, xa lles ofrecin toda a axuda do grupo, tanto se 
queren integrarse nel coma sse non), por iso propoñía  seguir cos plans 
iniciais:  comezar coa traducción do Mozilla, e seguir despois con todo 
o resto (Thunderbird, etc). Se fosemos suficientes, tamén podíamonos 
dividir por grupos - e cada grupo que colla unha aplicación- , máis 
coido que o comezo, chegaría davondo co Mozilla, inda que , coma xa 
digo, prefiro comentar todo isto cando estemos todos na lista de correo



saudos

Mariano



El Miércoles, 2 marzo, 2005, a las 12:33 AM, Denís Fernández Cabrera 
escribió:

>
> Ola a todo o mundo.
>
> Xa estou subscrito a isto. Houbo un problemiña tésnico ca primeira 
> mensaxe
> que mandei, pero agora xa está feito.
>
> Preséntome: son Denís Fernández Cabrera, estou matriculado na 
> facultade de
> Física da USC (http://aiff.usc.es) e traballo como administrador da 
> aula
> de informática de Biotecnoloxía da USC. Son membro do GLUG
> (http://www.glug.es), hacktivista do Software Libre 
> (http://www.gnu.org),
> debialibán (http://www.debian.org), ciberirmandiño
> (http://www.ciberirmandade.org), e teño unha páxina web
> (http://www.gatonegro.co.nr) onde poño os deseños que fago no meu tempo
> libre, e mais tamén algunhas reflexións (pero non é un blog).
>
> Tamén teño o vicio de poñer URLs incontroladamente. Prometo moderalo no
> futuro.
>
> Así que aquí estou para o que gustedes. Podo traducir partes do texto 
> do
> programa, ou tentar preparar pacotes (se me explicades cómo se fai
> calquera das dúas cousas). O do programa de Java que hai que usar creo 
> que
> o podo facer rular, pero aínda non probei. Tamén podo facer algo de 
> deseño
> gráfico, que é o meu: un logotipo, un cartaz, un anuncio pra poñer a 
> dobre
> páxina en "El Correo Gallego" ;o) ...
>
> Boeno, o dito. A ver cándo temos unha versión aqueladiña do Firefox 
> para
> poderllela instalar á xente de BioTec.
>
> Denís.
>
> #######################################
> #       Denís Fernández Cabrera       #
> #  Correo, Jabber:   <de...@glug.es>  #
> #  Güeb:    <http://gatonegro.co.nr>  #
> #######################################
>
> [  Por favor, acusa recibo. ]
> [ Please confirm reception. ]
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician@mozdev.org
> http://mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a