Ola a todo o mundo.

Xa estou subscrito a isto. Houbo un problemiña tésnico ca primeira mensaxe
que mandei, pero agora xa está feito.

Preséntome: son Denís Fernández Cabrera, estou matriculado na facultade de
Física da USC (http://aiff.usc.es) e traballo como administrador da aula
de informática de Biotecnoloxía da USC. Son membro do GLUG
(http://www.glug.es), hacktivista do Software Libre (http://www.gnu.org),
debialibán (http://www.debian.org), ciberirmandiño
(http://www.ciberirmandade.org), e teño unha páxina web
(http://www.gatonegro.co.nr) onde poño os deseños que fago no meu tempo
libre, e mais tamén algunhas reflexións (pero non é un blog).

Tamén teño o vicio de poñer URLs incontroladamente. Prometo moderalo no
futuro.

Así que aquí estou para o que gustedes. Podo traducir partes do texto do
programa, ou tentar preparar pacotes (se me explicades cómo se fai
calquera das dúas cousas). O do programa de Java que hai que usar creo que
o podo facer rular, pero aínda non probei. Tamén podo facer algo de deseño
gráfico, que é o meu: un logotipo, un cartaz, un anuncio pra poñer a dobre
páxina en "El Correo Gallego" ;o) ...

Boeno, o dito. A ver cándo temos unha versión aqueladiña do Firefox para
poderllela instalar á xente de BioTec.

Denís.

#######################################
#       Denís Fernández Cabrera       #
#  Correo, Jabber:   <de...@glug.es>  #
#  Güeb:    <http://gatonegro.co.nr>  #
#######################################

[  Por favor, acusa recibo. ]
[ Please confirm reception. ]

Responderlle a