Ola. Semella que isto está a se animar.

Boeno, pois eu subscribo a mensaxe de Amador, pero substituíndo
"Thunderbird" por "Firefox".

Sendo realistas, penso que a primeirísima prioridade debe de ser traducir
este navegador. As novas distribuzóns de GNU/Linux están todas a
incorporalo por defecto. Os usuarios de MS/Windows están a descarregalo e
instalalo nos seus equipos (e non se senten intimidados por él, como
sucedía co Mozilla).

O navegador é o programa que usa mais xente, en tempo e en número (porque
non esquenzamos que hai moitos que acceden ó correo por webmail). É,
ademais, o que causa un impacto mais importante inicialmente, e o mellor
para introducir ós usuarios. E é tamén a punta de lanza da iniciativa do
Mozilla.

Persoalmente, non penso que debamos de investir (salvo que, nun futuro
hipotético, nos sobren as forzas, e o proxecto Seamonkey volva a tomar
folgos) tempo e esforzo na Seamonkey. Os instaladores son outro cantar,
pero tampouco non me parecen prioritarios, porque serían de versións
antigas (xa ninguén usa o Firefox 0.8). Creo que habería que facelos, pero
con versións modernas.

Un dos factores fundamentais, e atractivos, do Software Libre é a
velocidade con que se desenvolve. Penso que o obxectivo primeiro de
formarmos un grupo de desenvolvedores debe de ser o conseguirmos
traduccións veloces das versións do programa en canto saian.

Sei que para o Firefox parece haber aí un "nen arre nen xo" porque hai
outro grupo de persoas que estaban dispostas a face-la traducción, pero
non se sabe nada deles. A miña opinión é que, se non obtemos resposta nun
par de días (por exemplo, para a fin de semana), nos poñamos nos co
Firefox.

Amador Loureiro Blanco disse:
>
>>a) posible retirada da fundación Mozilla do desenrolo  da aplicación
Mozilla
>
> Estou dacordo contigo, en que non debemos esquecer a "suite" integral,
pero ó mellor, e por volume de traballo, dependendo dos que sexamos, tal
vez sexa preferible comezar por proxectos máis pequenos, coma o
> thunderbird ou os instaladores dos que falas máis adiante.
>
>>b) proposta de traducción: versións 1.7.5 de Mozilla e 1.0 de
>>Thunderbird
>>
>>
>
> Pola miña parte, preferiría comezar polo thunderbird, que supoño que
será máis levadeiro que o mozilla, e suporá un punto de inicio
> importante para ter xa un cliente de correo en galego realmente ventaxoso.
>
> Non teño ningún problema co MozillaTranslator (e supoño que ninguén o
terá, cousas do java ;P) pero estou máis acostumado ó kbabel ou poedit.
En calquera caso era ben poñernos dacordo, e usar só un.
>
>>c) outra proposta de traballo: facer os instaladores para windows, linux
e macintosh das últimas versións traducidas: 1.6 de mozilla, 0.8 de
firefox e 0.8 de thunderbird.
>>
>>
>
> Sería unha boa idea, e como supoño que serán proxectos relativamente
curtos, podería ser unha boa toma de contacto. Ainda que persoalmente
preferiría comezar polo thunderbird.


Denís.

#######################################
#       Denís Fernández Cabrera       #
#  Correo, Jabber:   <de...@glug.es>  #
#  Güeb:    <http://gatonegro.co.nr>  #
#######################################

[  Por favor, acusa recibo. ]
[ Please confirm reception. ]
From sdocio  gmail.com  Tue Mar 22 18:39:39 2005
From: sdocio  gmail.com (=?ISO-8859-1?Q?Susana_Sotelo_Doc=EDo?=)
Date: Tue Mar 22 12:46:18 2005
Subject: =?ISO-8859-1?Q?Re:_[Galician]_propostas_de_traball?=
        =?ISO-8859-1?Q?o_|_a_morte_de_m_ozilla....=BFvai_boa=3F?=
In-Reply-To: <b67afcd6-99d7-11d9-be85-003065445...@enderezo.com>
References: <b67afcd6-99d7-11d9-be85-003065445...@enderezo.com>
Message-ID: <a4f1ffc05032209395dc...@mail.gmail.com>

> problema que ten o Mozilla e a apariencia gráfica, que o Firefox ten

Bah, o meu Mozilla está precioso co tema Orbit3 :)

> unhas polas máis de traducción,   máis vendo como anda a cousa
> ocúrrenseme duas liñas de traballo diferentes:
> 
> - traducir a versión 1.7.5 de mozilla
> - traducir a versión 1.0 de thunderbird

A min paréceme ben. Estou de acordo con Denís en que a tradución dos
navegadores é prioritaria (sexa Firefox ou Mozilla), polo que coido
que o mellor sería repartir á xente dándolle prioridade.

> Noutra orde de cousas, ¿Probastedes xa -os que queredes participar coma
> traductores- a aplicación Mozilla Translator? ¿Funcionavos?

Sen problemas.

> Outro tema do que poderiamos falar un bo anaco e sobre as posibles
> ferramentas para facer a traducción. Na páxina do proxecto , queda unha

Eu tamén preferiría usar aplicacións máis estándar como o poedit, pero
supoño que aí cadaquén usará a que máis lle convenza, non? Eu teño
editado arquivos .po a golpe de vi, e o máis elaborado que usei foron
os modos do emacs :)

> - cando queirades -se queredes - , pasademe nome ou alcumes  e URL,  e
> incluovos na sección "nos" da páxina .

Susana Sotelo Docío (gandalf)
http://hacklab.causaencantada.org

Saúdos,
-- 
Susana Sotelo Docío        Linux user: #96506 / gpg-id: E9107C4D
Hacklab da Casa Encantada
Compostela - Galiza
From agremon  enderezo.com  Sat Mar 26 22:50:17 2005
From: agremon  enderezo.com (Antonio Gregorio)
Date: Sat Mar 26 16:57:14 2005
Subject: [Galician] Novo
Message-ID: <4245d919.9050...@enderezo.com>

Ola a todos. Espero non incordiar se os primeiros tempos me limito a 
mirar o que facedes e como. despois espero pasar a colaborar.
Antonio Gregorio

- visita a Galipedia (http://gl.wikipedia.org) -



-- 
No virus found in this outgoing message.
Checked by AVG Anti-Virus.
Version: 7.0.308 / Virus Database: 266.8.3 - Release Date: 25/03/2005

Responderlle a