Óla, despois de facer as diferentes propostas de traballo e de agardar o debate os últimos días, vexo que:
a) Existe preferencia por comezar por aplicacións pequenas antes que o mozilla. A grande razón e poder ter canto antes unha aplicación traducida. b) Preferencias a aplicación para traducir: firefox e thunderbird. Polo momento non e posible facerse cargo da traducción do firefox, por temas "colaterais", polo que a opción final sería traducir en primeiro lugar o Thunderbird, ¿Estades dacordo? Dicídemo, e en caso afirmativo, iniciarei de novo o protocolo para facernos cargo desa traducción. De xeito paralelo, posto coido que non teremos problemas "legais" para facela, poderíamos poñernos con ela. Agardo vosas respostas e como digo, en caso afirmativo, tamén pediría que avisedes quen podería axudar no primeiro paso, que sería a traducción desa aplicación (como sabedes, inda despois de facela queda moito traballo, coma as revisións, etc). O último punto deste correo (o que ven a continuación non e imprescindible leelo, polo que podedes omitilo. Agora ben, se o leedes poñeravos o tanto da situación nosa respecto o de por qué non nos poñemos coa traducción do firefox), que mencionei antes, foi co que que pasa respecto a traducción o galego do Firefox. Para informar disto a quen non o saiba , e para lembrarvolo os demáis, resumoo o sucedido ata agora, comezando coa formación do noso grupo de traballo (si, e en parte unha perda de tempo escribir sobre isto e non estar escribindo documentación ou traducindo, pero como somos un grupo, coido que e importante coñecer todo, porque algo así pode voltar a pasar. ) - a principios de febreiro (ia ser en novembro pero preferín agardar a pasar o nadal por se viña algun cambio) puxenme en contacto con Jacobo Tarrio para coñecer o estado das traduccións o galego de mozilla, firefox e thunderbird, ben para axudarlle, ben para continuar co proxecto, xa que xa ia moito tempo dende a última actualización. Dixome (5 de febreiro de 2005 ) que non seguía con elas, polo que foi inda entón cando me puxen a seguir o procedemento que ten fundación Mozilla para face-las traduccións (o primeiro paso lóxico e contactar co último traductor. Máis adiante,, a persoa que se puxo en contacto conmigo para autorizar a traducción, o primeiro que me preguntou foi se falara con Jacobo, xa que era el quen figuraba coma o último traductor o galego). - En canto me respostou Jacobo, contactei coa xente de mozdev.org para que nos cedesen espacio no seu servidor. Eles apoian os proxectos relacionados con mozilla (traduccións , pluguíns, etc: todo o que non seña o cerne de mozilla). Respostaronme o 14 de febreiro. O que fan e cederche espacio no seu servidor para a web e os arquivos (hay que subilos/modificalos por CVS),dan novas sobre os proxectos e danche unha lista de correo. Inda que pensei en poñer o proxecto noutros servidores, (enderezo.com, etc) , coido que o máis axeitado era esta opción. - A seguinte semana puxeronse os elementos básicos da web, para que tanto o resto da comunidade mozdev coma a xente de mozilla ou usuarios, puideran ver de que ia o proxecto. Cando estivo rematado, o 21, fixose o seguinte paso lóxico: o que os de mozilla din coma "publicar un bug", que é o xeito que teñen para solicitar facerse cargo da traducción -publicar un erro de categoría especial, traduccións>novo proxecto-. O mesmo día tamén me suscribo a lista de correo das traduccións : o de publicar o bug faise para , a quen lle corresponda, teña coñecemento da vontade de iniciar ou modificar un grupo de traducción. O da lista e para comunicarse entre os diferentes proxectos, ou tamén avisos a seccion de traducción de Mozilla (ata agora e deste xeito). - O 22 de febreiro, chega unha mensaxe a lista de traduccións, do actual grupo que quere facer a traducción o galego de firefox: piden na lista facer a traducción o galego. O primeiro que pensei foi extrañarme, xa que: a) ¿por qué non utilizaban o protocolo xeral, isto e , publicar un bug? (o dia anterior, asegurarame de buscar calquer proxecto de traducción o galego xa iniciado ou ben solicitado, antes de comezar un novo grupo de traballo) b) ¿por qué non tiñan contactado con Jacobo Tarrio, o anterior traductor? (ata a xente de mozilla, preguntoume, cando solicitei a traducción do mozilla, se eu falara antes con Jacobo) -Puxenme en contacto con eles e o momento entendín por que pasara todo: era a primeira traducción que facían,unha traduccion e eu son o primeiro en dicir que non e nada facil seguir todo o protocolo esixido pola xente do mozilla. O mesmo Jacobo Tarrío díxome que precisamente o feito de seguir todos estos protocolos, foron unhas das razóns de deixar de traducir as aplicacións. Eu so podo darlle a razón, porque o final, o traballo material da traducción e unha pequena parte: dende entón (coma coordinador teño a obriga tanto de estar suscrito a lista de traducción coma a de mozdev.org), non paran de encherse meus buzóns de entrada, cada semana tes novas coma "deixase de facer o Seamonkey-mozilla" "oides, imos subir as traduccións por CVS directamente, inda non temos claro se facer isto con todas", etc. Resumindo, o ideal sería que seguiran exactamente o protocolo a seguir, máis sua intención foi sinxelamente de traducir o firefox o galego. Outra cousa que me dixeron foi que non contactaron con Jacobo porque a sua traducción non figuraba coma oficial. Ben, inda que miña opinión e que este criterio de que non fose oficial, foi precisamente por como facía no seu momento as traduccións Jacobo, e que habería que contactar de tódolos xeitos con el, xa que e moito o esforzo que se deixou Jacobo facendo as traduccións, entendo moi ben a outra postura: se vas a páxina de traduccións de Mozilla, a de Jacobo figura coma traducción "non oficial". -Dixéronme tamén que farían a traducción pola sua conta. Por iso o que se puxo na páxina do noso proxecto, dicindo que non faciamos a traducción do firefox. Quixen facer unha ligazón a sua páxina (www.cousas.tk), máis non atopei a URL da traducción, por iso inda non está feita dita ligazón. - En datas recentes, preguntaronme varias persoas o do que pasaba finalmente coa traducción o firefox o galego. De xeito que o luns 28 de marzo escribínlles para solicitarlles unha confirmación de que seguían adiante coa traducción . Hoxe martes 29 inda non recibín resposta, en canto me chegue xa vos informo coa resposta: este o motivo de que vos dixera que polo momento, non podemos menternos a traduci-lo firefox. Conclusións: Eu ante todo son partidario de non duplicar o mesmo traballo. Coincido en que sí, sendo nos xa un grupo de varias persoas poderíamos facer axiña a traducción do firefox, máis vexoo dende este punto de vista: . non imos agora a dicir o de que un ten preferencia, xa que a intención dese grupo foi sinxelamente iniciar a traducción, sen saber doutras iniciativas. . se calquera (o outro grupo, ou calquer grupo ou persoa), piden axuda, adiante a darlla, pero se non e asi non podemos facer máis. . un problema que temos a maiores en Galicia (isto e so unha opinión persoal miña), e a división. Por diferentes razóns, existe moita dificultade en crear grupos de traballo, tanto no eido do software libre , coma noutros. Non pretendo cortar a iniciativa, senon fomentala, por iso o dos dous puntos anteriores. A traducción do firefox e unha boa larpeirada, tanto o traductor coma o usuario, posto que son moitos os usuarios que están a acceder a ela dende moitas plataformas . Pero hay máis aplicacións por traducir. . Cando o outro grupo remate sua traducción, sería partidario de poñer unha ligazón dende a páxina do proxecto cara a sua traducción , posto que serán moitos os usuarios que cheguen a nos buscando o firefox, do mesmo xeito que hay ligazóns a outros proxectos paralelos a este (trasno, etc), xa que iria sempre en beneficio do usuario. Admito (isto e outra opinión persoal), miña envexa a proxectos coma os do softcatala.org , mais e precisamente colaborando coma podemos ir cara adiante. Quedo agardando vosa opinión sobre traducir o thunderbird coma o seguinte paso do grupo. saudos mariano . From grueiro enderezo.com Wed Mar 30 07:40:02 2005 From: grueiro enderezo.com (Mariano Grueiro) Date: Wed Mar 30 00:47:27 2005 Subject: [Galician] Novo In-Reply-To: <[email protected]> Message-ID: <[email protected]> benvido o grupo Antonio! Non incordias hoh! e non te preocupes se "so" les o principio, que precisamente é unha das cousas que hay que facer e ler para estar o tanto do proxecto . Hay traballo arreo a facer inda despois de facer as traduccións (revisar, escribir documentación, traducir webs de proxectos de promoción das aplicacións, fomentar seu uso......) asi que sempre estarás a tempo. Seguro que entre todos algún dia na galipedia poñerá, respecto as aplicacións de mozilla, que teñen sua versión en galego ;-) saudos, e para calquer dúbida ou suxerencia, non dubides utilizar a lista. mariano . El Sábado, 26 marzo, 2005, a las 10:50 PM, Antonio Gregorio escribió: > Ola a todos. Espero non incordiar se os primeiros tempos me limito a > mirar o que facedes e como. despois espero pasar a colaborar. > Antonio Gregorio > > - visita a Galipedia (http://gl.wikipedia.org) - > > > > -- > No virus found in this outgoing message. > Checked by AVG Anti-Virus. > Version: 7.0.308 / Virus Database: 266.8.3 - Release Date: 25/03/2005 > > _______________________________________________ > Galician mailing list > [email protected] > http://mozdev.org/mailman/listinfo/galician >
