Boas:

Antón Méixome escribiu:
>>
>> ------------------------------------------------------------------------
>> Asunto:
>> Re: [Galician] [Mozilla] Erros na tradución de Firefox 3.6
>> Desde:
>> Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>> Data:
>> Mon, 5 Oct 2009 13:17:28 +0200
>> Para:
>> Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
>>
>> Para:
>> Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
>>
>>
>>>>>> 4-Aparece o termo 'firewall', non sei se se optou por adoptar o
>>>>>> anglicismo para a tradución.
>>>>>>           
>>>> Xa se me olvidaba: En Firewall optouse polo anglicismo.
>>>>       
>>> Pois non entendo o desta opción. Algunha explicación?
>>>     
>>
>> Eu tampouco.
>>
>> Ata logo,
>>                     Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> 
> Entendo que é unha solución estábel, sen ser definitiva porque
> 
> - a tradución recomendada por Termigal é "devasa"
> - os dicionarios normativos galegos non recollen o valor informático de 
> "devasa"
> - a tradución maioritaria en galego é hoxe en día é "cortalumes"
> - o uso internacional, especialmente de considerarmos o portugués, 
> prefire o anglicismo, aínda que alternando o xénero (Brasil : o firewall 
> // Portugal : a firewall)
> 
> Aínda que coido que sería máis coherente coa estratexia xeral de 
> localización galega optar por unha tradución, neste momento introducir 
> desde Mancomún "devasa" non proporcionaría máis ca ruído mentres a 
> comunidade non faga explícito un acordo e un compromiso de aplicación. 
> Nun caso semellante encóntrase "proxy" (servidor madatario).
> 
> A prudencia de adoptar, temporalmente ou non, o anglicismo é unha 
> solución razoábel para as traducións coordinadas por Mancomún. De feito 
> pode considerarse xa un avance o feito de adaptalo gramaticalmente en 
> galego ao xénero masculino. Temos logo tres opcións en xogo: o firewall, 
> o cortalumes, a devasa.
> 
> 
Pois non concordo, se temos cortalumes e devasa, porque non empregar 
unha destas posibilidades?
Pareceme unha postura pouco axeitada e que contrasta con outras como a 
de "aplicativo".
Persoalmente penso que se o termigal recomenda debasa, poruque non 
empregala?
Cando mancomun optou por xanela tampouco era (se é que agora o é) unha 
opción maioritaria.

Respecto a proxy pois a diferencia é que se "adapta" bastante máis á 
grafía galega.



Responderlle a