>>>>>>> 4-Aparece o termo 'firewall', non sei se se optou por adoptar o
>>>>>>> anglicismo para a tradución.
>>>>>
>>>>> Xa se me olvidaba: En Firewall optouse polo anglicismo.
>>>>
>>>> Pois non entendo o desta opción. Algunha explicación?
>>>
>>> Eu tampouco.
>>
>> Entendo que é unha solución estábel, sen ser definitiva porque
>>
>> - a tradución recomendada por Termigal é "devasa"
>> - os dicionarios normativos galegos non recollen o valor informático de
>> "devasa"
>> - a tradución maioritaria en galego é hoxe en dÃa é "cortalumes"
>> - o uso internacional, especialmente de considerarmos o portugués, prefire
>> o anglicismo, aÃnda que alternando o xénero (Brasil : o firewall //
>> Portugal
>> : a firewall)
>>
>> AÃnda que coido que serÃa máis coherente coa estratexia xeral de
>> localización galega optar por unha tradución, neste momento introducir
>> desde
>> Mancomún "devasa" non proporcionarÃa máis ca ruÃdo mentres a comunidade
>> non faga explÃcito un acordo e un compromiso de aplicación. Nun caso
>> semellante encóntrase "proxy" (servidor madatario).
>>
>> A prudencia de adoptar, temporalmente ou non, o anglicismo é unha solución
>> razoábel para as traducións coordinadas por Mancomún. De feito pode
>> considerarse xa un avance o feito de adaptalo gramaticalmente en galego ao
>> xénero masculino. Temos logo tres opcións en xogo: o firewall, o
>> cortalumes,
>> a devasa.
>
> Pois non concordo, se temos cortalumes e devasa, porque non empregar unha
> destas posibilidades?
> Pareceme unha postura pouco axeitada e que contrasta con outras como a de
> "aplicativo".
> Persoalmente penso que se o termigal recomenda debasa, poruque non
> empregala?
> Cando mancomun optou por xanela tampouco era (se é que agora o é) unha
> opción maioritaria.
>
> Respecto a proxy pois a diferencia é que se "adapta" bastante máis á
> grafÃa
> galega.
Se miramos o que di a base de datos de glosarios hai as propostas de
"cortalumes" (de uso maioritario), "devasa" (que curiosamente segundo
o script de estatisticas non se usa), "barreira de control" e
"firewall" (só no glosario de Mancomun).
Como tradución temporal váleme, aÃnda que habÃa un 50% de
probabilidades de que atinarades ca tradución e despois xa non houbera
que cambiala, asumindo que non se vai usar o anglicismo no futuro, que
tampouco se vai usar "barreira de control" e que tampouco se propoña e
se use outra proposta.
Ata logo,
Leandro Regueiro