Varias cousas sobre esa tradución: - Eso de "pequeno adianto" non me gusta nadiña, é un calco do inglés que sona bastante artificial.
- Trátase ademais dunha beta e compre resaltar o feito de que se trata dunha versión experimental. - Por último o de "mais nova e rápida versión" está de novo construido a imaxe e semellanza do inglés: "versión máis nova e rápida" serÃa moito máis adecuado. - Por outra parte, se non lembro mal o estilo marcaba trato de cortesÃa, e por tanto serÃa "vostede" non "tÃ" o interlocutor. Unha tradución que recolle todo o anterior serÃa ista: Quere experimentar a versión máis nova e rápida de Firefox? Descargue gratuitamente o <a href="%s">Firefox 3.6</a> beta agora Visto que temos enriba o prazo vouna enviar xa. Saúdos, Leandro Regueiro escrebeu: > 2009/10/27 Frco. Javier Rial <dev.fjrial en gmail.com>: > > Ola: > > > > acaba de aparecer unha nova incidencia[1] para a páxina de descargas do > > firefox 3.6 beta que sairá en breve. > > > > a incidencia fala de que hai que enviar unha tradución dun "snippet" de > > código anunciando a descarga > > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=524657 > > > > O texto orixinal é: > > Want a sneak peek of the newest, fastest version of Firefox? Download the > > free > > <a href="%s">Firefox 3.6</a> beta now > > > > Propoño a seguinte tradución: > > Queres un pequeno adianto da nova e máis rápida versión de Firefox? > > Descarga > > agora gratis a beta de <a href="%s">Firefox 3.6</a> > > Paréceme unha boa tradución > > > [1]: Incidencias actuais para o galego: > > http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl > > > > Saúdos. > > > > Javier Rial. > _______________________________________________ > Galician mailing list > Galician en mozdev.org > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician -- http://susinho.pagina.de/
