2010/3/8 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Ola a tod en s.
>
> Son novo nesta lista pero non son novo no mundo da tradución. Xa teño
> feito algo e xunto con Fran levo a tradución do IDE NetBeans ao
> galego, no cal andamos sobre o 40%. Esperamos para a nova versión que
> sae no mes de xuño superar o 50%.
>
> Todos me coñecen por keko, e nestes momentos son o Coordinador da
> Oficina de Software Libre da USC.
>
> Desde a OSL sempre colaboramos co proceso de normalización do Software
> Libre. Estamos facendo unha adaptación da distribución de GNU/Linux
> Ubuntu chamada Ubuntu-USC. No mes de abril vai a saír unha versión LTS
> da cal pensamos facer unha adaptación para a súa implantación dentro
> da Universidade, que por certo, paso a paso forma parte do software
> que implanta a Area TIC na Universidade. Por isto, levamos avanzado
> bastante camiño.
>
> Debido a que sae unha versión LTS cremos que a calidade das traducións
> debe primar e sobre todo a súa homoxeneidade entre os diferentes
> proxectos. Un paso foi a revisión da tradución do contorno GNOME e
> agora queremos apoiar a tradución da Ubuntu.
>
> Tivemos tempo e botámoslle unha ollada ao navegador Firefox.
> Detectamos o que para nos son algunhas inconsistencias entre as
> traducións e profundizando un pouco máis tamén cremos que non seguía
> algunhas convencións acordadas pola comunidade e Mancomun e sobre todo
> falta de integración con GNOME  e Ubuntu, por iso decidimonos a
> realizar unha revisión para conseguir unha maior integración entre os
> proxectos que forman parte da Ubuntu-USC. A revisión foi realizada
> despois de que se rematara a tradución na comunidade galega de
> Firefox, xusto no momento en que Ubuntu importou dita tradución a
> Launchpad.
>
> A nosa intención é simplemente ter unha distribución de GNU/Linux
> adaptada a USC e en galego. Para o propósito seguiuse o mesmo proceso
> de revisión do GNOME e buscouse solventar inconsistencias dentro das
> traducións do mesmo. Dende a OSL entregamos o informe nesta lista por
> se considerades que o traballo é axeitado e vos poden servir de axuda
> (temos tamén o ficheiro .po modificado para a Ubuntu-USC e se o
> precisarades, tras realizarlle as correspondentes probas, enviamolo a
> lista). Dito informe tamén se lle vai a ofrecer ao líder do proxecto
> da tradución do Ubuntu e a sua comunidade por se consideran de
> utilidade o traballo e o queren integrar na parte da nova versión de
> Ubuntu. Igualmente dita tradución será implementada na versión que a
> USC implantará nas aulas, xa que neste proxecto os responsábeis somos
> nós e cremos que era preciso esta revisión como xustifica o informe.
>
> Alegranos saber que a comunidade realiza un gran traballo e que a
> tradución do Firefox está ao 100% anque nos dá mágoa que se comecen a
> aplicar diferentes criterios ou que non se revisen e apliquen os xa
> consensuada entre toda a comunidade e Mancomun no seu momento. Sabemos
> que no noso informe tamén hai gustos personais na tradución e novas
> tendencias ou estilos que herdamos das nosas colaboracións con outros
> proxectos como pode ser GNOME e Ubuntu e que aínda non están fixados,
> pero cremos que se separan os uns dos outros e o traballo pode servir
> de axuda para ambas comunidades, a de Ubuntu e a vosa.
>
> Xa para despedir, non nos metemos coa tradución en ningún momento. Só
> estamos enviandovos un traballo que realizamos e co que se pode estar
> de acordo ou non, e en ningún momento se pretenderá distribuir dita
> tradución mediante un paquete. Dita tradución só se implantará na
> Ubuntu-USC nas aulas da USC.
>
> Noraboa polo gran traballo que facedes de forma altruísta e ánimos
> para continuar con esta labor tan pouco recoñecida.

Parece un bo traballo. Así de entrada coincido ca maior parte dos
comentarios contidos no documento, aínda que hai algunhas cousas cas
que non estou totalmente de acordo, aínda que xa sabedes que nunca
chove a gusto de todos.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a