En 2010/03/08 13:47, Enrique Estévez Fernández escribiu: > Ola a tod en s. > > Son novo nesta lista pero non son novo no mundo da tradución. Xa teño > feito algo e xunto con Fran levo a tradución do IDE NetBeans ao > galego, no cal andamos sobre o 40%. Esperamos para a nova versión que > sae no mes de xuño superar o 50%. > > Todos me coñecen por keko, e nestes momentos son o Coordinador da > Oficina de Software Libre da USC. > > Desde a OSL sempre colaboramos co proceso de normalización do Software > Libre. Estamos facendo unha adaptación da distribución de GNU/Linux > Ubuntu chamada Ubuntu-USC. No mes de abril vai a saÃr unha versión LTS > da cal pensamos facer unha adaptación para a súa implantación dentro > da Universidade, que por certo, paso a paso forma parte do software > que implanta a Area TIC na Universidade. Por isto, levamos avanzado > bastante camiño. > > Debido a que sae unha versión LTS cremos que a calidade das traducións > debe primar e sobre todo a súa homoxeneidade entre os diferentes > proxectos. Un paso foi a revisión da tradución do contorno GNOME e > agora queremos apoiar a tradución da Ubuntu. > > Tivemos tempo e botámoslle unha ollada ao navegador Firefox. > Detectamos o que para nos son algunhas inconsistencias entre as > traducións e profundizando un pouco máis tamén cremos que non seguÃa > algunhas convencións acordadas pola comunidade e Mancomun e sobre todo > falta de integración con GNOME e Ubuntu, por iso decidimonos a > realizar unha revisión para conseguir unha maior integración entre os > proxectos que forman parte da Ubuntu-USC. A revisión foi realizada > despois de que se rematara a tradución na comunidade galega de > Firefox, xusto no momento en que Ubuntu importou dita tradución a > Launchpad. > > A nosa intención é simplemente ter unha distribución de GNU/Linux > adaptada a USC e en galego. Para o propósito seguiuse o mesmo proceso > de revisión do GNOME e buscouse solventar inconsistencias dentro das > traducións do mesmo. Dende a OSL entregamos o informe nesta lista por > se considerades que o traballo é axeitado e vos poden servir de axuda > (temos tamén o ficheiro .po modificado para a Ubuntu-USC e se o > precisarades, tras realizarlle as correspondentes probas, enviamolo a > lista). Dito informe tamén se lle vai a ofrecer ao lÃder do proxecto > da tradución do Ubuntu e a sua comunidade por se consideran de > utilidade o traballo e o queren integrar na parte da nova versión de > Ubuntu. Igualmente dita tradución será implementada na versión que a > USC implantará nas aulas, xa que neste proxecto os responsábeis somos > nós e cremos que era preciso esta revisión como xustifica o informe. > > Alegranos saber que a comunidade realiza un gran traballo e que a > tradución do Firefox está ao 100% anque nos dá mágoa que se comecen a > aplicar diferentes criterios ou que non se revisen e apliquen os xa > consensuada entre toda a comunidade e Mancomun no seu momento. Sabemos > que no noso informe tamén hai gustos personais na tradución e novas > tendencias ou estilos que herdamos das nosas colaboracións con outros > proxectos como pode ser GNOME e Ubuntu e que aÃnda non están fixados, > pero cremos que se separan os uns dos outros e o traballo pode servir > de axuda para ambas comunidades, a de Ubuntu e a vosa. > > Xa para despedir, non nos metemos coa tradución en ningún momento. Só > estamos enviandovos un traballo que realizamos e co que se pode estar > de acordo ou non, e en ningún momento se pretenderá distribuir dita > tradución mediante un paquete. Dita tradución só se implantará na > Ubuntu-USC nas aulas da USC. > > Noraboa polo gran traballo que facedes de forma altruÃsta e ánimos > para continuar con esta labor tan pouco recoñecida. > > Un saúdo. > > > Desde logo un informe interesante. Concordo coa maior parte das correccións/modificacións. Ao mellor vou dicir unha tonterÃa pero que non quede por dicir, persoalmente penso que mellora a calidade e que á falta de mellores opcións poderÃa verse de acoller dita tradución como oficial, é posible?
damufo > _______________________________________________ > Galician mailing list > Galician en mozdev.org > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
