Ola, perdoade a consulta persoal,

teño que traducir unha aplicación web en php, e quería facelo empregando
algún programa tipo Poedit.
Cando podo colaboro en traducións, pero nunca tiven que afrontar todo o
proceso, polo que ando perdido co tema dos ficheiros .po

Basicamente quería saber se é posíbel, pasar dalgún xeito de .php a .po e
despois outra vez a .php unha vez estea traducido.
(son usuario de Windows XP)

Se algunha persoa da rolda sabe se isto é posíbel, como facelo e ten tempo,
agradecería moito a axuda. (davidmarcosramas en gmail.com)

Moitas grazas,
David
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20101227/3976dce0/attachment.html>

Responderlle a