Boas.

Oficialmente non teño conta para administrar o sitio galician.mozdev.

Pero, o anterior propietario, grueiro, cedeume o seu usuario e
contrasinal para modificalo. Estaba pendente de que os tíos de mozdev
nos contestarán, aínda que fixen algún cambio pequeno no seu momento.

Basicamente, descargueime o svn, modifiquei a pelo un ficheiro e
envieino. O sistema é bastante tosco. Abrín un bug pedindo que nos
activaran un drupal, porque creo que temos esa posibilidade pero non
contestaron. A ver se falo con eles no canal de mozdev e me din algo.

Senón, pasavos o cartafol onde está todo, o voluntario que faga ahí
algo e despois intento subilo. Pero terá que lerse primeiro as liñas
de estilo. Por agora máis non podo facer, con respecto a ese tema.
Pero é importante ter esto resolto, por se conseguimos Firefox 4 con
versión oficial en galego para darlle publicidade en condicións, a
través de mozdev e as redes sociais.

Un saúdo.


2011/2/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> Arranxar esa páxina é unha das cousas pendentes para comezar a campaña
> de difusión do proxecto previa ó lanzamento do Firefox 4. De feito hai
> un voluntario (David) para este traballo tan pronto saibamos como se
> fai :)
>
> Despois xa se vería o que hai que engadir, mudar, quitar, etc. ;)
>
> Unha aperta,
> ifrit
>
> 2011/2/21 damufo <damufo en gmail.com>:
>> Boas:
>> Sería posible modificar a páxina inicial do proxecto?
>> Podería pórse unha listaxe con ligazóns de extensións que teñen 
>> tradución ao
>> galego?
>>
>> -
>> damufo
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a