Ben pois eu como vexades, ou esperamos a resposta de mozdev ou imos facendo
"a pan de millo" e logo sobe Keko as modificacións, non sei se me
desenvolverei moi ben co asunto, pero por tentalo que non quede.

Habería que definir que é o que hai que cambiar exactamente.

Simplemente comentar que xa non vou ter tanto tempo como pensaba cando me
ofrecín voluntario, pois atopei traballo e semana que vén comezo. Non sei
aínda horarios pero si que vai ser a xornada completa.

En calquera caso non retiro o ofrecemento pero queda dito por se ao final
non dou feito.

Saúdos

2011/2/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>

> Gracias pola túa resposta, Keko. Agora xa sabemos onde estamos :)
>
> 2011/2/21 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> > Boas.
> >
> > Oficialmente non teño conta para administrar o sitio galician.mozdev.
> >
> > Pero, o anterior propietario, grueiro, cedeume o seu usuario e
> > contrasinal para modificalo. Estaba pendente de que os tíos de mozdev
> > nos contestarán, aínda que fixen algún cambio pequeno no seu momento.
> >
> > Basicamente, descargueime o svn, modifiquei a pelo un ficheiro e
> > envieino. O sistema é bastante tosco. Abrín un bug pedindo que nos
> > activaran un drupal, porque creo que temos esa posibilidade pero non
> > contestaron. A ver se falo con eles no canal de mozdev e me din algo.
> >
> > Senón, pasavos o cartafol onde está todo, o voluntario que faga ahí
> > algo e despois intento subilo. Pero terá que lerse primeiro as liñas
> > de estilo. Por agora máis non podo facer, con respecto a ese tema.
> > Pero é importante ter esto resolto, por se conseguimos Firefox 4 con
> > versión oficial en galego para darlle publicidade en condicións, a
> > través de mozdev e as redes sociais.
> >
> > Un saúdo.
> >
> >
> > 2011/2/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> >> Arranxar esa páxina é unha das cousas pendentes para comezar a campaña
> >> de difusión do proxecto previa ó lanzamento do Firefox 4. De feito hai
> >> un voluntario (David) para este traballo tan pronto saibamos como se
> >> fai :)
> >>
> >> Despois xa se vería o que hai que engadir, mudar, quitar, etc. ;)
> >>
> >> Unha aperta,
> >> ifrit
> >>
> >> 2011/2/21 damufo <damufo en gmail.com>:
> >>> Boas:
> >>> Sería posible modificar a páxina inicial do proxecto?
> >>> Podería pórse unha listaxe con ligazóns de extensións que teñen
> tradución ao
> >>> galego?
> >>>
> >>> -
> >>> damufo
> >>> _______________________________________________
> >>> Galician mailing list
> >>> Galician en mozdev.org
> >>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>>
> >>
> >>
> >>
> >> --
> >> ====================
> >> http://about.me/ifrit
> >> ====================
> >> _______________________________________________
> >> Galician mailing list
> >> Galician en mozdev.org
> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110223/1e4602e2/attachment-0001.html>

Responderlle a