Boas xente.

Xa temos Release Candidate do Firefox 4, a ver se chegamos a ter
versión oficial. Se alguén lle quere dar unha volta a páxina de
Galician mozdev, que avise que lle explico o que tería que facer para
probar en local e se consigue algo, intento subir os cambios ao svn.
Se teño tempo, intento falar hoxe coa xente de mozdev polo IRC para
ver se se pode activar un Drupal (que creo que prestan dito servizo).

http://www.mozilla.com/gl/firefox/RC/

Probade a versión. Vai ter fallos, sobre todo no tema dos atallos de
teclado, pero debería estar aceptábel e o importante e que non sexan
de bulto por se temos versión oficial ir corrixíndoos segundo saian as
actualizacións.

Eu probei as alfas e non tiña mala pinta.

Un saúdo.

Responderlle a