Boas.

Non sei como vai iso, pero se teño que crear eu os .xpi, mal vai a
cousa. Por agora non sei, terei que investigar, pero faime falta
tempo.

Pero desde aquí, podes descargar os .xpi para a versión de desenvolvemento:

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mozilla-2.0-l10n/

Se sobes un nivel, podes ver compilacións para outras versións, busca
as que leven l10n, e ao mellor atopas para a túa versión concreta.

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/

Un saúdo.

2011/3/28 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> Ola xente, resulta que na empresa metéronme o firefox en inglés, e quería
> meterlle o paquete de idioma noso, pero non o dou atopado, creo lembrar que
> se mandou unha ligazón na rolda, pero non o atopo.
>
> O tema é que quería suxerir a inclusión do paquete de idioma na páxina
> oficial dos complementos para podelo instalar directamente, sen ter que
> descargalo.
>
> Hai un apartado especial, suponho que reparariades nel, onde están os
> correctores ortográficos. O certo é que non todas as linguas tenhen aí o
> paquete, pero non vexo porque non telo.
>
> https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
>
> No meu caso, o computador da oficina está "capado" e non sei se me deixará
> descargalo e instalalo, pero ao ser por complementos, creo que si que vai,
> poias as actualizacións e o corrector instaláronse.
>
> Aí que da a suxestión. En calquera caso xa me diredes se está por aí
> nalgures, que non dou atopado.
>
> Saúdos
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a