Boas a tod en s.

Tras uns días de duro traballo xa volven estar os repositorios de
Mozilla OK, como se pode ver, todo en verde, menos os proxectos nos
que aínda non se comezou a traballar que son Seamonkey e Calendar.

A ver se se estabilizan as cousas en Mozilla e saco tempo para
documentar a nova situación, xa que houbo moitos cambios coa nova de
forma de desenvolver os produtos e cos ciclos de desenvolvemento
rápido.

Tamén se resolveron os bugs, e estase a espera de que os pechen, se
todo vai ben. Como xa dixen no seu momento, normalmente cando abren
bugs para páxinas web son para xa, e máis se os catalogan como high
priority.

Teño que falar con eles e ver que pasa con eses reject relativos ao
Fennec e porque non podo facer sign off das novas traduccións. Unha
boa forma de colaborar, xa que para traducir non nos están dando moito
tempo e probando as versións dos diferentes aplicativos para corrixir
o que está mal. Tamén teño pendente de corrixir as traducións que fixo
un de vos da páxina de características do Firefox 4, e ahí, os que
máis experiencia tedes, podíades revisar o traballo do compañeiro e ao
rematar envialo para que eu confirme todo e suba dita páxina ao
repositorio.

Saúdos.

Responderlle a