Boas.

O outro día na rolda de mozilla saliu un novo sitio de promoción de
mozilla. Soliticitei que nos activaran para traducir e o fin de semana
dinlle duro e traducin o que puiden, xa que que tiña que estar para o
día 12. Agora xa hai algo visíbel e parece que hai unha actualización
para mediados de outubro.

Hai cousas que non sabía como traducir e quedaron tal cual. Paso a
ligazón do sitio para que me botedes unha man.

https://affiliates-dev.allizom.org/gl/

https://affiliates-dev.allizom.org/en-US/

Para traducir o proxectos en liña directamente, tedes que rexistrarvos aquí:

https://localize.mozilla.org/gl/

Vos faríades suxestións no proxecto e eu tería que aprobalas. En
principio será a forma escollida para este tipo de proxectos de
promoción. Co tempo, se alguén se anima, habería que propolo como
coordinador das traducións e el sería encargado non só de traducir e
aprobar as cadeas, senón de seguir a rolda e solicitar a activación
dos proxectos e comprometeríase a súa tradución.

Espero que nos próximos dous meses baixe a miña carga de traballo na
OSL e comezar a plantexarvos a forma de colaborar na tradución dos
proxectos. Nestas transparencias do curso de traducións xa detallei
algo de como está agora a cousa e como quero que evolucione. Son as
transparencias que van da páxina 8 a 18 incluídas.

https://docs.google.com/present/view?id=dfkd2v2t_100g6j2g9fg

Falta moito que documentar e sobre todo os sitios nos que hai que
solicitar conta e as roldas que hai que seguir para estar ao día.

Saúdos.

Responderlle a