Ola. Veño de iniciar as xestións para ter un novo sitio da comunidade galega dentro do proxecto Mozilla. Supoño que non se migrará nada, simplemente se construirá todo desde cero.
https://wiki.mozilla.org/MCS A idea é ter un novo sitio, nun servidor de mozilla e co CMS Wordpress. Asà estaremos dentro dos proxectos de Mozilla e teremos a súa imaxe e apoio. Como ven sabedes, xa fai tempo que se comentou a posibilidade de montar a web noutro lugar, xa que o sistema que ofrecÃan en mozdev.org está desfasado. Ademáis, semella que o proxecto está abandoado, co que en calquera momento nos quedamos sen sitio web. A ver se no novo sitio tamén nos ofrecen lista de correo. Por agora púxenme en contacto con eles para que nos axudaran a crear un novo sitio web para a comunidade galega. Xa vos irei informando do que me vaian contando. Un saúdo.
