Ola xente,

teño unha preguntiña sobre o buscador predeterminado no Firefox en Galego.


Deixando todo tal e como ven por defecto, co Google como buscador
predeterminado:
Tanto se busco a través da páxina de inicio coma se busco a través da barra
de procuras ou da barra de enderezos (ou se escribo "google.com") os
resultados aparecen no Google.com en portugués do Brasil, en troca de no
Google.es en galego.

Isto pásavos a vós tamén? será cousa do Firefox?



Teño un wXP como idioma por defecto "galego" no InternetExplorer cando poño
"google.com" ou busco a través da barra de procuras, redirecciónase a "
google.es" en galego.


Probei modificando o ficheiro google.xml no cartafol C:\Program
Files\Mozilla Firefox\searchplugins cambiando os ".com" por ".es" pero nada.


Algunha idea? será cousa do noso Firefox galego?

Saúdos
_______________________________________________
Galician mailing list
Galician@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a