Ola.

De nada. Non sabía moi ben o que preguntabas. Se podo axudar,
perfecto. Ao mellor era cousa miña, pero como o plugin do buscador, é
herdado do anterior coordinador ou equipo de tradución de mozilla ao
galego, tampouco sabería moi ben como arranxalo.

Saúdos.

2012/8/4 David Marcos Ramas <[email protected]>:
> Boas
>
> mmmm parece que é cousa da miña conta de google, perdoade a molestia... é
> que probara varias cousas e non me facía caso, como no explorer ía ben,
> pensei que era cousa do Firefox.
>
> Agora xa me sae o que me tiña que saír. Por certo xa podían poñer o Gmail en
> galego...
>
> Un saúdo e grazas pola resposta!
>
>
>
>
>
> 2012/8/4 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>
>>
>> Boas.
>>
>> Non entendo ben o que contas. Pero se eu busco no buscador do google
>> que ven integrado no firefox en galego, na barra de enderezo aparece o
>> seguinte: (busquei a palabra informática)
>>
>>
>> https://www.google.es/search?q=inform%C3%A1tica&ie=utf-8&oe=utf-8&aq=t&rls=org.mozilla:gl:official&client=firefox-a
>>
>> E a páxina de google que me sae, está en galego, a barra lateral da
>> esquerda, pero estou logueado en gmail, co que ao mellor tamén inflúe
>> iso. Ou buscas anteriores.
>>
>> Esta proba fíxose con Debian e co firefox 14 en galego.
>>
>> Explícate máis para saber cal é o problema e que debería pasar segundo
>> a túa opinión.
>>
>> Saúdos.
>>
>> 2012/8/4 Pedro García Rodríguez <[email protected]>:
>> > Pode ser que baixaxes a versión incorrecta...
>> >
>> > O digo porque se non andas con cuidado a primeira versión de Firefox que
>> > aparece pra descargar en castelán é a de Venezuela en lugar da versión
>> > es-ES
>> >
>> > Enviado desde mi iPhone
>> >
>> > El 04/08/2012, a las 14:43, David Marcos Ramas
>> > <[email protected]>
>> > escribió:
>> >
>> > Ola xente,
>> >
>> > teño unha preguntiña sobre o buscador predeterminado no Firefox en
>> > Galego.
>> >
>> >
>> > Deixando todo tal e como ven por defecto, co Google como buscador
>> > predeterminado:
>> > Tanto se busco a través da páxina de inicio coma se busco a través da
>> > barra
>> > de procuras ou da barra de enderezos (ou se escribo "google.com") os
>> > resultados aparecen no Google.com en portugués do Brasil, en troca de no
>> > Google.es en galego.
>> >
>> > Isto pásavos a vós tamén? será cousa do Firefox?
>> >
>> >
>> >
>> > Teño un wXP como idioma por defecto "galego" no InternetExplorer cando
>> > poño
>> > "google.com" ou busco a través da barra de procuras, redirecciónase a
>> > "google.es" en galego.
>> >
>> >
>> > Probei modificando o ficheiro google.xml no cartafol C:\Program
>> > Files\Mozilla Firefox\searchplugins cambiando os ".com" por ".es" pero
>> > nada.
>> >
>> >
>> > Algunha idea? será cousa do noso Firefox galego?
>> >
>> > Saúdos
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > [email protected]
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > [email protected]
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> [email protected]
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> [email protected]
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
_______________________________________________
Galician mailing list
[email protected]
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a