Para un tema relacionado co software libre (nestes momentos creo que non
debería dar máis datos, pero é para algo que debería ser publico en
cuestión de poucos meses) busco parellas de número (enteiro positivo) e
palabra que teñan un especial significado en galego. No sentido de que,
se á palabra se lle asociase ese número como identificador dentro dun
vocabulario, reultaría curioso ou mesmo gracioso para os galegos. 

A min só se me ocorreu a asociación de «carallo» con «29», pero é que eu
son moi simple. E non estou seguro de que vaian querer facer unha
asociación dese tipo (vulgar). 

Así que, se se vos ocorre algunha outra, estaría xenial. 

Supoño que canto máis pouco comúns sexan os números mellor, porque non
somos o único idioma suxerindo asociacións, e un mesmo número non
poderán compartilo palabras de distintos idiomas. 

Como exemplos en inglés poñen asociar «221» con «elementary» (os fans de
Sherlock Holmes o entenderán). Tamén poñen outro exemplo en inglés que,
aínda que non vale porque debe ser unha palabra do idioma e non un nome
propio e menos con dúas palabras, dá unha idea de por onde van os tiros:
«42» con «Douglas Adams». 

Escribindo esta mensaxe ocórreseme que poderíamos propoñer asociar «44»
con «nós», por ser Nós a editorial que publicou «De catro a catro», pero
igual é un pouco rebuscado.
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1714&h=715e01142dd4300c5a582d43ece6310f8e1a8444&sa=1443220469

Responderlle a