Temos problemas coa lista, outra vez. Outra vez tento solucionar pero hai que tomar medidas radicais.
Onte eliminei máis de 8 millóns de mensaxes que estaban retidas. Agora estou tentando reenviarvos as mensaxes lexítimas que localizo. Idea: Xa temos unha canle difusión creada en Telegram que recibe copia das publicacións no web, especialmente Pretendo crear un grupo de discusión en Telegram pero non teño o teléfono dalgúns. A idea é que sirva como canle alternativa á lista cando temos estes problemas, incluso para detectalos... porque o problema é saber se está fallando e desde cando. Se facedes o favor de facilitarme directamente un teléfono co que darvos de alta ou ben eu propoño un grupo e vós vos subscribides directamente para non ter eu que xestionar datos persoais... Como sabedes non hai alternativa no noso hosting a pasar a software auténtico de listas de correo porque Dinahosting non o fornece. Non temos capacidade de xestionar un servidor propio nin servizos en distintos fornecedores, como xa probamos. Non nos vale un foro porque a nosa dinámica de colaboración con algúns proxecto só se pode xestionar por listas de discusión. Da mesma maneira necesitamos restrinxir radicalmente o sistema de alta sinxela e automática na lista polo problema do SPAM. Ou se reforza este aspecto ou ben haberá que deixala pechada e quen queira poñerse en contacto co grupo tería que facelo enviando un correo normal a unha conta normal de trasno.gal para ser despois redirixido por algún moderador ao grupo. Antón :-( - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3597&h=cea0bfcbc9faf6190bb7aba8bd46fcb8c85e0c64&sa=161518587
