Ola compadres,

Moi feliz ano a todo o mundo!

Teño unha consulta xeral e específica ao mesmo tempo, sobre un termo e
sobre os recursos de Trasno.

Quero ver cómo se está traducindo ou cómo se recomenda traducir "tap" en
galego, como a acción equivalente a clicar co rato en dispositivos de
pantalla táctil. Sei que Microsoft recomenda "tocar" (
https://www.microsoft.com/en-us/language/Search) pero quero saber se o
mundo do software libre coincide.

En http://trasno.gal > Busca de terminoloxía (http://termos.trasno.gal/)
non encontro nada. Estráñame, porque sendo un termo novo seguro que xera
bastantes dúbidas.

Entón vou a http://trasno.gal > Recursos > Buscar en traducións, e encontro
a lista de memorias para descargar, pero non un buscador. Polo menos non o
vexo. O único que podo facer é descargar todas as memorias e despois facer
buscas con grep. Non é super práctico porque os resultados inclúen só
liñas, e a tradución está nunha liña máis abaixo.

Tamén me estraña que non haxa un buscador, pero igual está aloxado noutro
sitio. Algunha pista? Grazas.

Saúdos, Manuel

PS: Just for the record, algúns resultados (que deixan constancia dunha
certa inconsistencia: tocar vs. pulsar vs. premer)

TM_EduroamCAT.tmx:
The profile will install itself after you click (or tap) the button.
O perfil instalarase por si mesmo  despois de que prema (ou toque) o botón.

TM_FBReader.gl.tmx
Ignore double taps
Ignorar a dobre pulsación

Turn pages by finger tap
Desprazar páxinas con pulsación co dedo

TM_Linux_Mint_trunk_abril_2015.gl.tmx
Tap to click
Toque para premer

TM_GNU_Solfege_3.20.3.gl.tmx:
Tap here
Toque aquí

TM_OwnCloud_4.5.7.gl.tmx:
Tap on a file to display additional information.
Prema nun ficheiro para que amose a información adicional.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=4400&h=500987beaf083064ddfce9456360d0d0aa178eb4&sa=1333557831

Responderlle a